Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Frente os bulos, información e feitos: conserxes no CEIP Maciñeira e San Isidro

Visitas: 612

Debido á xubilación dos conserxes (dos CEIP de Maciñeira e San Isidro) convocouse un concurso oposición para cubrir en primeiro termo a praza de Maciñeira, xa que foi primeiro conserxe en xubilarse.

Este concurso-oposición pretendía deixar formada unha bolsa de emprego para cubrir as prazas de tal xeito que o candidato que quedara primeiro, cubrira a praza do CEIP de Maciñeira, o segundo a do CEIP de San Isidro e, de aí en diante, o resto de persoas que superasen a proba quedarían na devandita bolsa de emprego por se algunha praza quedaba descuberta nun futuro.

Nestas medias, aconteceu a xubilación dos conserxes que ocupaban as prazas orixinalmente, e o concello contratou externamente este servizo temporalmente ata celebrar e resolver o concurso-oposición.

Convocatoria impugnada e tan só un aprobado

A primeira convocatoria de examen foi impugnada debido a que se detectou unha mestura das partes común e específica na mesma proba, o cal contradicía as bases do proceso.

Resolto isto e xa en segunda convocatoria, somente unha persoa conseguiu aprobar o total das fases eliminatorias. Se poden consultar o resultados e puntuacións na Sede Electrónica do Concello: click eiquí

Desta situación deriva que, a día de hoxe, si teñamos cuberta a praza do CEIP de Maciñeira pero non a do CEIP de San Isidro. Como ninguén máis aprobou, non pode crearse unha bolsa de emprego e non temos ninguén para cubrir a praza do CEIP de San Isidro. Polo tanto, o Concello optou por prorrogar as labouras de conserxe neste centro, que son cubertas por unha empresa externa.

A maiores, cómpre aclarar que as prazas convocadas no concurso oposición non eran fixas, senon para unha interinaxe cun período máximo de 4 anos.

Novo concurso oposición

Dende MOVENEDA non nos explicamos porque o Concello non volve convocar un novo concurso-oposición para cubrir esta praza e non ter que recorrer a empresas externas.


Etiquetas:

xunta de galicia, servizos municipais


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.