O Concello de Fene anuncia nos medios que xa ten todo listo e preparado para executar a limpeza dos seus ríos urbanos para a "segunda quincena de Setembro".
Cando no Pleno Ordinario do 3 de agosto se lle preguntou ao alcalde Alvariño pola limpeza dos ríos Belelle e Basteiro, a resposta foi "a ver si en setembro ou octubre".
E dicir, non esta planificado, non esta contratado, que non ten nin idea. De feito recoñeceu que nin pediron ainda os permisos a Xunta de Galicia, e que entende "que vale o permiso do ano pasado". Así todas as chapuzadas neste concello.
Dende MOVENEDA pensamos que certos traballos que son ciclicos, que se repiten ano a ano, deben estar programados, con datas previstas escritas nun papel, deben estar licitadas e contratadas CON ANTELACION.
Non se pode gobernar a salto de mata ou a golpe de avería.
moveneda, ferrolterra, goberno de Neda, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |