Dende MOVENEDA queremos manifestar publicamente o noso máis absoluto rexeitamento á decisión do goberno do Concello de Neda e do alcalde Ángel Alvariño por non ter intención algunha de extender o Programa Aloumiños no noso concello.

O Programa Aloumiños, impulsado pola Xunta de Galicia, é un programa de acompañamento social, emocional e comunitario dirixido ás persoas maiores, co obxectivo de combater a soidade non desexada, mellorar o benestar psicolóxico e fortalecer as redes de apoio e convivencia.
Falamos dun programa que promove relacións sociais estables, hábitos saudables e unha mellor calidade de vida, especialmente necesaria nun contexto de envellecemento da poboación.
En Neda, o Programa Aloumiños desenvolveuse con resultados moi positivos, tal e como recolleron diversos medios de comunicación, o propio Concello e, sobre todo, as persoas usuarias e as súas familias, que valoraron moi favorablemente o impacto real do programa nas súas vidas.
Dende hai máis de dous meses, MOVENEDA leva insistindo á concelleira de Sanidade Margarita Díaz Sanz para que faga todo o posible por extender o programa ata que a Xunta decida reinicialo, tal e como fixeron outros concellos da contorna como San Sadurniño. A primeira resposta foi que "o ia mirar". Cando voltamos a insistir a resposta foi que "o estaban mirando".
Hoxe podemos confirmar que a concelleira mentiunos, en comisión e no pleno. Foi o propio alcalde a que a deixou como unha mentirosa cando el mesmo nos confirmou este lunes o seu nulo interese polo asunto: o seu goberno só está disposto a manter o programa se o financia integramente a Xunta, é dicir, se “lles sae gratis”.
Resulta especialmente indignante comprobar que estender o Programa Aloumiños durante seis meses tería un custo de uns 3.000 euros. Esta e unha cantidad similar á que o Concello paga á Televisión de Ferrol cada tres meses polas entrevista-masaxe que recibe o alcalde nese medio.

A prioridade deste goberno: a propagandaNon é a primeira vez que o executivo local presume de servizos e actuacións que en realidade son financiadas por outras administracións, como acontece coas horas do Servizo de Axuda no Fogar, sufragadas pola Deputación e pola Xunta, mentres o Concello se limita a colgarse medallas alleas.
Este goberno municipal está moito máis interesado en actos de corte caciquil e clientelista —como cocidos, merendas e eventos propagandísticos— que en políticas sociais serias, continuadas e transformadoras, que melloren de verdade a vida das persoas maiores de Neda.
Dende MOVENEDA esiximos ao goberno do Concello de Neda que rectifique, que asuma as súas responsabilidades e que aposte pola continuidade do Programa Aloumiños con recursos propios. A saúde emocional, a dignidade e o benestar das persoas maiores non poden depender dos calculos electoralistas, propagandistas nin da vontade doutras administracións.
Neda merece un goberno comprometido cos veciños, non un máis preocupado pola foto propagandística e o autobombo.
goberno de Neda, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |