Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Exposición "Nós tamén fomos emigrantes" en Neda

Visitas: 232

A exposición "Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no s.XX" chega a Neda, no Centro Cívico Ramón Millarengo.

A exposición amosa a valiosa selección fotográfica da Axencia EFE que nos leva a esa realidade histórica da emigración, galega e española, a través dunha síntese de corenta imaxes sacadas coa mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época.

Unha antoloxía de imaxes dos arquivos da Axencia EFE, que posúe un dos fondos fotográficos máis importantes de España sobre a emigración galega e española. Son retratos próximos que narran as circunstancias vitais da xeración das nosas nais e pais e tamén de avós e avoas que abandonaron a súa terra na busca dun futuro mellor.

«A esencia dun fotógrafo é estar no lugar onde se produce a nova. Un dos grandes da fotografía xornalística, Robert Capa, que foi corresponsal de guerra en moitas frontes e acabou morrendo ao pisar unha mina en Indochina, dicía que cando a foto non é boa é porque o fotógrafo non estaba abondo preto. A exposición preséntanos, en branco e negro, unha síntese das nosas emigracións plasmada por fotoxornalistas de EFE. É a historia de miles de persoas que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir. Son os anos cincuenta, sesenta, décadas de fame, de subdesenvolvemento, de falta de liberdade, mais tamén de construción, de aforrar a peseta para un soñado retorno».

 Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE de 1996 a 2004.

Esta exposición forma parte do proxecto  CORRENTE CULTURAL, unha aposta de ABANCA e Afundación para promover a cultura por toda Galicia, polos diferentes concellos e contando coa súa colaboración, construíndo unha rede de calidade que leve novas propostas máis alá dos nosos edificios. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, cun interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia.

Onde: Centro Cívico Ramón Millarengo de Neda
Cando: 27 NOVEMBRO A 5 XANEIRO 2026
Horario: De luns a venres de 10.00 a 12.00 h e de 16.00 a 20.00 h


Etiquetas:

cultura


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.