O artigo publicado hoxe por Patricia Hermida en La Voz de Galicia sobre as “estacións fantasma” pon enriba da mesa unha realidade evidente: moitos edificios ferroviarios permanecen infrautilizados ou abandonados mentres os concellos carecen de proxectos e iniciativa para darlles unha nova vida.
En Neda, desde MOVENEDA xa propuxemos no pasado mes de abril converter a antiga estación nunha Oficina de Turismo permanente, aproveitando a súa situación estratéxica no Camiño Inglés e o valor patrimonial do inmoble.
A nosa proposta apostaba por recuperar un espazo público hoxe desaproveitado para convertelo nun punto estable de atención ás persoas visitantes, promoción do patrimonio local e dinamización da actividade turística durante todo o ano.
Como xa é habitual, goberno municipal está instalado no NON, non aceptan ningunha idea que non saia das súas cabezas, e decidiu rexeitar a iniciativa, sen ofrecer unha alternativa real para o aproveitamento da estación. Mentres tanto, o Concello continúa apostando por solucións provisionais e temporais para a información turística.
En MOVENEDA seguimos defendendo que Neda precisa proxectos útiles, pensados para o futuro e capaces de recuperar espazos públicos hoxe esquecidos.
ferrolterra, comunicados de prensa, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |