MOVENEDA presentou este pasado xoves 29 de setembro un escrito por rexistro no Concello para que se paralice o anunciado Servizo Municipal de Informacion e Mensaxeria por medio da aplicacion movil Whatsapp.
Dende MOVENEDA saudamos positivamente que mais dun ano despois da toma de posesion deste goberno municipal, este, por fin, se decida a artellar novas canles de informacion os veciños.
O que non queremos e que estas iniciativas señan implantadas de xeito que mais parecen ocorrencias puntuais de alguen, sen pensar ben as cousas e sobor de todo, sen regulacion escrita e sen a proteccion legal axeitada.
Consideramos que os datos persoais dos veciños non deben ir no bolsillo do alcalde, ligados a un movil e numero da sua propiedade. Dende MOVENEDA consideramos que este tipo de canles de participacion e informacion deben regularse a traveso do anunciado, e ainda non posto en marcha, Regulamento de Participacion Veciñal.
Nese regulamento debese rexer este servizo e mesmo implantar outras canles de participacion, coma os Orzamentos Participativos, cos que os veciños poidamos participar consciente e activamente na vida politica do noso concello.
Podedes ver o escrito presentado facendo click eiqui.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |