Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

En repulsa pola nefasta xestion da Festa do pan de Neda

Visitas: 572

O alcalde Alvariño volve demostrar a súa falla de transparencia e nula vontade de diálogo de cara a renovación na organización da Festa do Pan. Durante o pleno de onte luns, os grupos da oposición solicitamos información sobre esta celebración, que debería ser un orgullo para toda veciñanza. Alvariño so puido dar respostas evasivas e vagas.

Hoxe, sen previo aviso e sen notificar nada á oposición, o executivo presenta o cartel da festa. Isto indica que no día de ontes ocultaron informacion ó Pleno e ós veciños. Isto confirma o seu estilo autoritario e caciquil.

Un concello non se pode dirixir como se fose un cortijo privado

Dende MOVENEDA, queremos denunciar:

  • Falla de interlocución
    É inaceptable que as panaderías locais e os grupos da oposición non sexan consultados para tratar de mellorar unha festa que celebra o producto local. A negativa a escoitar novas ideas reflicte unha visión pechada e arrogante, lonxe das necesidades reais da festa e do sector.

  • Opacidade e miseria política
    Ocultar información no pleno municipal indica o escaso respecto que Alvariño ten polos veciños e veciñas e polas reglas básicas da democracia. Unha festa pública non pode xestionarse entre catro persoas, as agachadas como quen trama un delito. Debe facerse con debate e participación, ilusionando a todos.

  • Partidismo nos actos institucionais
    Alvariño practica unha noxenta apropiación partidista dos actos e eventos municipais, incluíndo a Festa do Pan. É unha vergoña. Un evento que debe unir a todo o pobo, o convirte nun escaparate propagandístico persoal, demostrando unha mentalidade caciquil.

  • Estancamento e falta de renovación
    A Festa do Pan está a caer na repetición aburrida, sempre o mesmo. Non se fai o mínimo esforzo por atraer máis panaderías de Neda. Tampouco se traballa por innovar ou renovar contidos e formato. A comodidade e a desidia están a matar unha celebración que debería ser dinámica e participativa e atractiva.

Polo futuro da Festa do Pan de Neda, dende MOVENEDA exiximos transparencia, diálogo e renovación.

En Neda Merecemos máis!


Etiquetas:

moveneda, comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.