O 12 de agosto vai producirse o primeiro eclipse total de sol visible na Península en máis dun século: o último foi en 1905. Non volverá repetirse un en condicións semellantes ata 2053. A nosa comarca está dentro da franxa de totalidade. Neda é un dos lugares privilexiados de Europa onde o sol quedará completamente oculto pola lúa durante uns instantes.
Espéranse milleiros de visitantes en toda a comarca, con desprazamentos masivos cara aos puntos de observación.
Ante este acontecemento, os concellos da contorna levan meses preparándose. Valdoviño vén de celebrar a súa Xunta Local de Seguridade, copresidida polo subdelegado do Goberno, para coordinar o dispositivo do día da eclipse nun municipio que espera unha grande afluencia de visitantes, e leva tempo organizando charlas divulgativas para a súa veciñanza. A Coruña deseñou toda unha programación baixo o lema "CidadEclipse". A Subdelegación do Goberno está a manter reunións de coordinación cos concellos da provincia para preparar a seguridade dese día.
E son, en moitos casos, concellos gobernados polo mesmo partido que o alcalde Alvariño. O PSOE de Valdoviño traballa, planifica e aproveita a eclipse para promocionar o seu territorio. O PSOE de Neda, non.
MOVENEDA preguntou reiteradamente ao goberno municipal, nas comisións informativas, no pleno e a través das nosas publicacións: que medidas ten previstas o Concello? Non obtivemos resposta algunha. E segundo a información de que dispoñemos, que o goberno se nega a confirmar ou desmentir, Neda nin sequera asistiu á reunión de coordinación convocada na Coruña, á que si acudiron representantes doutros concellos da comarca.
Non é só desidia: é unha irresponsabilidade. Falamos dun día con previsibles desprazamentos masivos na comarca. A coordinación entre administracións é fundamental. E falamos, ademais, de renunciar a unha oportunidade única de dar a coñecer Neda.
Se MOVENEDA gobernase, Neda xa estaría hoxe preparándose.
Se MOVENEDA gobernase, dende logo non estariamos vagueando e agochados como o goberno de Alvariño. Aproveitariamos a chegada de visitantes para amosar as bondades do noso concello: o noso patrimonio, a nosa paisaxe na ría, A hostalería e o comercio local.
Un concello non se promociona só: hai que traballalo. O eclipse do 12 de agosto é a mellor mostra da diferenza entre un goberno esgotado que non fai absolutamente nada agás mirar polos seus petos e un proxecto veciñal que si cre e quere o millor para en Neda.
Na nosa contorna, a eclipse comezará contra as 19:40 horas, alcanzará o seu máximo arredor das 20:28 e rematará pouco despois das 21:15. Producirase á tardiña, co sol xa baixo, polo que o mellor é buscar un punto con horizonte despexado cara ao oeste. E moi importante: nunca se debe mirar directamente ao sol sen protección. Só son seguras as gafas de eclipse homologadas (certificación ISO 12312-2); as gafas de sol correntes non serven.
ecoloxía e medio ambente, galicia, ferrolterra, cultura, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda, Deputación de A Coruña, FEGAMP e outras institucións
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |