Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Dous traballadores perden a vida nun asteleiro en Ferrol: non son accidentes, é terrorismo patronal

Visitas: 291

No que vai de 2024 xa perderon a vida 590 traballadores. 40 máis que no mesmo período de 2023, un aumento de máis do 11%. As estatísticas son de pánico: as mortes por caída aumentan un 31,3%. Os impactos por obxectos, atrapamentos, aplastamentos e amputacións aumentan un 12,7%. Por outra banda, os infartos e derrames cerebrais increméntanse nun 2,4%, mentres que as mortes in itínere foron 103

Hai unha semana, dous compañeiros traballadores do naval na comarca de Ferrol, foron gravemente feridos por queimaduras no asteleiro Blascar (antiga Astafersa), resultando finalmente mortos tras agonizar unha semana. Entre os traballadores este asteleiro ten sona de “furado negro” onde a seguridade é secundaria e que xa rexistrou outros accidentes graves, como a escoradura dun buque en grada en 2021.

Alguén se imaxina que cada día morresen dous concelleiros, ou deputados, xuíces, policías ou futbolistas? Unha taxa de mortes así xeraría una resposta contundente e inmediata por parte do Estado. Pero como os que perden a vida son traballadores, as cifras son asumibles e o final resulta nunha fría estatística que de cando en vez xera molestos titulares de prensa.

A prevención é ineficiente ou resulta inexistente. O cumprimento da normativa de seguridade e prevención é practicamente nula en sectores con alta taxa de traballo precario ou somerxido. Accidentes e mortos se multiplican entre traballadores eventuais e mozos. Falla de seguridade e eventualidade son consecuencias necesarias da explotación da clase traballadora por parte dos patróns. Estas mortes non son “accidentes”, son pura e simplemente terrorismo patronal. Para os capitalistas, as nosas vidas son outro dos “factores de produción” que se axustan ou se desbotan a súa conveniencia para obter os beneficios esperados.

A meirande parte dos accidentes mortais ocorren en empresas sen representación sindical e sen delegado de prevención que vele por que se cumpran as normativas en prevención de riscos laborais. Se así fose, grande parte dos accidentes non terían ocorrido.

Non podemos esquecer o papel desas mafias chamadas mutuas amparando esta lacra e converténdose en cómplices da violencia empresarial.

Os sindicatos de clase deben encabezar a batalla necesaria contra a inseguridade no traballo. Os que non o fagan, serán cómplices e debemos entón ser nos, os traballadores, os que nos organicemos para denunciar e combater os empresarios terroristas.

MOVENEDA lamenta o pasamento dos compañeiros traballadores e transmite o seu pesar e una forte aperta a familiares e amigos. Do mesmo xeito, condeamos con rotundidade cada unha das mortes laborais producidas por un sistema explotador e inxusto. O goberno debe tomar xa medidas contundentes e efectivas para que non morra ningún traballador máis no posto de traballo.


Etiquetas:

loita obreita, ferrolterra, comunicados de prensa


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.