Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

No Día da Constitución, sabes cantos artigos non se cumpren?

Visitas: 345

Recuperamos este artigo de 2017 que segue plenamente vixente: hoxe, pouco que celebrar. 

No Día da Constitución, día no que os mal chamados “partidos constitucionalistas” se enchen a boca de discursos valeiros, imos lembrar os artigos que eles mesmos non cumpren:

Artículo14: Igualdade

Los españoles son iguales ante la ley, sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social”.

Os indicadores apuntan a que, 39 años despois, a muller segue claramente discriminada respecto do home. A última EPA. Taxa de actividad: homes, 65,04%; mulleres, 53,13%. Taxa de paro: homes 14,80%; mulleres 18,21%. Só o 17% dos membros de consellos de administración das grandes empresas son mulleres.

Actualización 2025

A EPA 3T de 2025 indica que a taxa de actividade global é do 59,30 %. 
A EPA tamén informa que, neste trimestre, incrementáronse os activos: +94.000 mulleres e +84.500 homes. 
En canto á taxa de paro: no 3T 2025 sitúase en 10,45 %. 
Por sexo, para 3T 2025 a EPA indica que a taxa de paro masculina está en 8,97 % e a feminina en 12,11 %. 

Por riba, outro artigo, o 57, da propia Constitución certifica na sucesión ó trono, que o preferido é “el varón a la mujer”.

Artículo15 - Dereito á vida

"Todos tienen derecho a la vida y a la integridad física y moral, sin que, en ningún caso, puedan ser sometidos a tortura ni a penas o tratos inhumanos o degradantes".

Amnistía Internacional denuncia constantemente que en España practícase "a detención de persoas en réxime de incomunicación, os casos de tortura e malos tratos de persoas extranxeiras por parte das forzas de seguridade e a falla de investigacións imparciais e mecanismos efectivos de rendición de contas e reparación ás víctimas cuando se producen estes feitos".

Artigo27. A educación

"Los poderes públicos garantizan el derecho de todos a la educación, mediante una programación general de la enseñanza, con participación efectiva de todos los sectores afectados y la creación de centros docentes".

As universidades españolas perderon dende 2008 máis de 1.240 milloóns de euros nos seus presupostos e os estudiantes viron subir as tasas universitarias. 30.000 universitarios foron expulsados por impago. A aprobación da LOMCE, unha lei reaccionaria e clasista con tan só o voto do Partido Popular e o rexeite da comunidade educativa, é contradictoria tamén con este artigo.

Artículo31 - Sistema tributario

Todos contribuirán al sostenimiento de los gastos públicos de acuerdo con su capacidad económica mediante un sistema tributario justo inspirado en los principios de igualdad y progresividad que, en ningún caso, tendrá alcance confiscatorio". 

O coste da fraude fiscal e da corrupción de partidos como o Partido Popular ascende en España a uns 70.000 millóns de euros ó ano, o redor do 23% do PIB, o que equivale ó presuposto total do sistema sanitario español.

Artículo40 - Redistribución de la renta. Pleno empleo

"Los poderes públicos promoverán las condiciones favorables para el progreso social y económico y para una distribución de la renta regional y personal más equitativa, en el marco de una política de estabilidad económica. De manera especial, realizarán una política orientada al pleno empleo". 

As desigualdades económicas cada vez son maiores nun país que non é quen de xerar emprego. Segundo un recente informe dos Técnicos de Facenda, o 20% dos españoles más ricos acapara o 44% dos ingresos en España.

Artículo41 - Seguridade social

"Los poderes públicos mantendrán un régimen público de Seguridad Social para todos los ciudadanos que garantice la asistencia y prestaciones sociales suficientes ante situaciones de necesidad, especialmente, en caso de desempleo. La asistencia y prestaciones complementarias serán libres". 

Máis de dous millóns de parados non reciben ningún tipo de prestación. Só o 63% dos desempregados reciben axudas públicas, a taxa máis baixa dende que enpezou a crise.

Artículo44.1 - Cultura

"Los poderes públicos promoverán y tutelarán el acceso a la cultura, a la que todos tienen derecho". 

A subida perpetrada polo goberno de Rajoy ó 21% do IVA cultural supuxo un auténtico mazazo ó sector. En 2012 pecharon 2.000 empresas culturais e o número de persoas empregadas no mundo da cultura pasou dos 481.700 en 2011 ós 457.600 de 2012.

Artículo47 - Derecho a la vivienda

"Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación".

Os procedimentos de desafiuzamento iniciados nos xulgados españois no primeiro semestre de 2013 ascenderon a 41.595, segúndo a estadística do Consello Xeneral do Poder Xudicial (CGPJ).

Artículo92 - Referéndum

"Las decisiones políticas de especial trascendencia podrán ser sometidas a referéndum consultivo de todos los ciudadanos". 

Os Gobiernos nunca foron partidarios de facer consultas sobor das súas grandes decisións. Incluso, a reforma exprés da Constitución perpetrada no vran de 2011 polo PSOE e o PP non foi sometida á votación do pobo.

Despois de todos estes incumprimentos, ainda pensas que hoxe se pode celebrar algo?


Etiquetas:

memoria histórica, moveneda, galicia


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.