Durante a campaña electoral das municipais de 2019 un veciño dixonos que non ia votar por nos porque non deixabamos gobernar ao goberno municipal, que nese momento estaba composto polo PSOE e BNG
Isto nos fixo reflexionar acerca de si o que estivemos facendo durante os 4 anos anteriores era correcto.
Nesta revision do traballo feito, comprobamos que a nosa principal funcion foi informarnos do que se estaba a facer no concello, asistindo as reunions as que se nos convocaba; vixiamos as contas para ver en que se gastaban os cartos; avisamos aos concelleiros correspondentes daquelas cousas que considerabamos importantes para o concello e transmitimos as queixas da veciñanza para tratar de buscarlles solucions.
Se isto e asi, temos clara a nosa postura. Imos seguir traballando controlando e vixiando ao grupo de goberno, xa que a veciñanza, e sobre todo aqueles veciños e veciñas que nos votaron, merecen o noso compromiso, o noso respecto e temos a responsabilidade de non defraudalos.
Por iso, ao inicio da crise do COVID19, deixamos gobernar ao PSOE, pero este limitouse unicamente a #beneficencia a traves de axudas de emerxencia social, con entrega de alimentos, fotocopias a alumnos para facer as tarefas escolares desde a casa, e pouco mais.
En MOVENEDA pareceronnos medidas necesarias pero insuficientes e asi, no mes de maio presentamos ao PSOE unha serie de #propostas, dentro das posibilidades do Concello, de axudas a autonomos e pequenas empresas para tratar de que as persoas afectadas pola crise derivada da #pandemia puideran sobrelevala millor e poñer un grao de area no mantemento do #emprego. Entre elas:
A dia de hoxe, no mes de outubro, ainda non temos resposta do grupo de goberno, que parece manterse en cuarentena de costas a realidade social que viven moitos dos veciños e veciñas do concello.
E asi, mentras vemos como noutros concellos proximos, incluso mais pequenos que o noso, xa teñen axudas deste tipo, en Neda estamos a espera de que a Xunta ou a Deputacion establezan algunha liña de axudas, para que despois pareza que son axudas propias do esforzo do concello.
Mentres tanto nos seguiremos co noso #traballo de #control e de #propostas. e posible que non actuemos como fan os partidos politicos, que se adaptan ao que saben que vende e que lles da votos ainda que non creen no que fan, pero mentres teñamos representacion no Concello, seguiremos a traballar.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |