Ultimamente hai algúns elementos moi activos que operan nas redes sociais desde perfís anónimos.
Hoxe, dende un deses medios agochados no anonimato se acusa ós compañeiros do BNG de copiarnos o noso lema "En Neda merecemos máis"
Dende MoveNeda non temos ningún problema con esta coincidencia. Ó contrario: é un halago que unha organización con tantos recursos e ben asesorada como o BNG, chegue ás mesmas conclusións e ideas que un modesto movemento veciñal.
Por outra banda, hai uns días tamén outro deses operadores anónimos insinuaron a idoneidade de certas "confluencias".
Queremos deixar claro que a distancia que nos separa do Partido Popular é enorme, sideral: Nós defendemos os servizos públicos, ben financiados, ben xestionados e de calidade. O PP defende o contrario: pretende privatizar todo e, mentres non consegue regalar todo ós seus amigos ricos, recorta presupostos, precariza e degrada os servizos públicos como a sanidade e a educación e os considera campo onde poden facer negocio os seus amiguetes. Por exemplo: Hai ben pouco o grupo dos Populares de Neda votou en contra dunha moción en defensa da Sanidade Pública.
Por outra parte, tamén nos diferencia o xeito de facer as cousas. Nós cremos no traballo constante, en equipos consolidados que xa teñen demostrado o seu compromiso polos asuntos deste concello e os problemas dos seus conveciños. Non non creemos en paracaidistas, fichaxes estelares nin naqueles que pensa quen un Concello e como dirixir unha empresa.
Dito isto, dende Moveneda estamos dispostos, e así o levanos reclamando dende hai 8 anos, a falar e debater con grupos políticos, asociacións, entidades, veciños e veciñas de xeito individual... con todos e de calquera asunto que afecte ó noso concello. E sempre coa esperanza de chegar a algún acordo con vontade de perdurar no tempo, que sexa beneficioso, como ben merecemos toda a veciñanza de Neda.
Novamente, aproveitamos para rexeitar estes intentos de influír na vida do Concello e este xeito de facer política, sembrando cizaña dende o anonimato.
En Neda merecemos luz, taquígrafos e, sobre todo transparencia.
moveneda, comunicados de prensa, concello de Neda, eleccions municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |