Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

𝗗𝗘𝗖𝗟𝗔𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢𝗡 𝗗𝗘 𝗠𝗢𝗩𝗘𝗡𝗘𝗗𝗔 𝗔 𝗥𝗘𝗦𝗣𝗘𝗖𝗧𝗢 𝗗𝗢 𝗣𝗥𝗢𝗫𝗘𝗖𝗧𝗢 𝗗𝗢 𝗣𝗔𝗥𝗤𝗨𝗘 𝗘𝗢𝗟𝗜𝗖𝗢 𝗖𝗔𝗔𝗩𝗘𝗜𝗥𝗢

Visitas: 458

En MOVENEDA recoñecemos a urxencia por mudar o uso de enerxías fósiles á enerxías renovables, sostibles e moito menos contaminantes, pero esta transición ecolóxica debe respectar o entorno paisaxístico, histórico, cultural, económico e social.

Este mes soubemos do proxecto de Enel Green Power-Endesa chamado #ParqueEolicoCaaveiro (PEC), que prevé instalar aeroxeradores nos concellos de Cabanas, Fene, Neda e San Sadurniño.
O proxecto do Parque Eólico Caaveiro non cumpre ningunha premisa pola cal os veciños de #Neda poidamos darlle o noso apoio. Imos analizalo:

𝗔𝘀𝗽𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗼𝗮𝗺𝗯𝗶𝗲𝗻𝘁𝗮𝗹
As enerxías renovables deben ter o menor impacto ambiental posible. As administracións non poden permitir a implantación masiva de parques eólicos, é unha invasión que convirte a paisaxe en polígonos industriais. Por iso, a Xunta definiu as Areas de Desenvolvemento Eolico (ADE) onde sí poden instalarse parques. Se os veciños só podemos edificar nas áreas permitidas, as empresas enerxéticas non poden poñer parques fora das ADEs. O PEC está fora desas áreas, polo que o proxecto non cumpre a lei.

A construcción do PEC vai supor abrir novos camiños, liñas aéreas de transporte da corrente, evacuación de pluviais e pode mudar cursos de auga, coa conseguinte afectacion a fontes, mananciais e pozos das casas. Van mover milleiros de toneladas de terra, van efectuar centos de voladuras e durante o tempo da construcción imos soportar o tránsito de maquinaria pesada que destrozar os viais nos que os veciños do Concello de Neda acabamos de investir moitos cartos.

O recinto poligonal onde se instala o parque vai implicar certas restriccións de usos gandeiros, agrícolas, forestais e mesmo de posibilidade de contrucción. A empresa pode rexeitar una prantación ou unha edificación se pensa que pode afectar o rendemento eólico.

𝗔𝘀𝗽𝗲𝗰𝘁𝗼 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹
Neda é un concello coa poboación en declive. O PEC non vai a contribuir a atraer novos veciños. Temos o exemplo de Muras, onde toca un aeroxerador por cada dous veciños e a poboacion segue a baixar.

É máis, moita da poboación nova que veu a Neda, foi instalarse no rural. O goberno de Alvariño leva gastado milleiros de euros en campañas publicitarias. A xente vai querer vir a VIVIR EN NEDA, a carón dun fato de eólicos?

O impacto do PEC na paisaxe e nas condicións ambientais vai facer que a xente perda interese por vir instalarse en Neda, e isto vai afectar ós prezos do alquiler, ó valor de venda de casas e solares e ás posibilidades dos negocios locais.

𝗔𝘀𝗽𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗲𝗰𝗼𝗻𝗼́𝗺𝗶𝗰𝗼 𝗲 𝗽𝗼𝗹𝗶́𝘁𝗶𝗰𝗼
Se van ver profundamente afectadas as nosas casas, os pozos, os camiños, a flora, a fauna, a paisaxe e as propiedades forestais. Todo. A vida tal e como a coñecemos vai mudar. No caso de concederse a declaración de utilidade pública, isto suporá a ocupación urxente de terreos.

Este é outro exemplo de depredación: os recursos de todos pasan a ser o beneficio privado duns poucos. Isto acontece porque non hai planificación pública. No PEC só priman os intereses de grandes inversores, non o interese de toda a sociedade.

O PEC realmente é un anaco dun macroproxecto de seis parques que pretende dar enerxia a unha planta de hidróxeno en As Pontes. Dividir un macroproxecto noutros máis pequenos, ocultando a realidade para tentar facilitar a súa aprobación, pode incurrir en fraude de lei.

É certo, necesitamos enerxía que sexa o máis limpa posible, pero hai opcions mais lóxicas e con menos impacto: a repotenciación. Xa temos parques eólicos ó limite da sua vida útil. O lóxico é cambiar as turbinas vellas e montar unhas novas máis eficientes e rendibles. É necesario reciclar e isto inclúe tamén ós eolicos. Calquera goberno con conciencia ecolóxica debería primar esta opción.

Outra razón de peso é o espolio enerxético de Galicia. Nós só consumimos a metade da enerxía que producimos. Son os nosos montes os que se enchen de muíños, os nosos vales os que se asolagan cos encoros e o noso aire o que se contaminaba co fume das térmicas, mentres a enerxía producida se envía fora sen que nos beneficiemos directamente.

Por todo isto, 𝗠𝗢𝗩𝗘𝗡𝗘𝗗𝗔:

  1. PRIMEIRO.- Manifesta expresa a súa total oposición ó Proxecto do Parque Eólico Caaveiro, que afecta, entre outros, ó noso concello de Neda.

  2. SEGUNDO.- Esiximos ós gobernos locais, autonómico e central accións concretas e inmediatas para a paralización de tódolos proxectos de parques eólicos en tramitación ou solicitados. Non deben admitir proxectos que non contemplen a repotenciación dos xa existentes ou que non promovan a instalación, por exemplo, de placas solares nos tellados dos edificios e propiedades públicas.

  3. TERCEIRO.- Esiximos ó alcalde Alvariño que poña, de xeito inmediato, tódolos recursos dispoñibles do concello (administrativos, loxísticos, informáticos e legais) ó servizo de todos aqueles veciños que queiran presentar alegacións e defender os seus dereitos.

  4. CUARTO.- Dado que o alcalde Angel Alvariño xa recoñeceu públicamente que o Concello vai presentar alegacións, esiximos que estas se fagan públicas o antes posible e que os veciños, de xeito particular ou colectivamente, poidamos asinar e unirnos ás mesmas.

  5. QUINTO.- Chamamos á veciñanza de Neda e a toda a cidadanía da bisbarra de Ferrol a organizarse e a movilizarse contra o Parque Eólico Caaveiro

  6. SEXTO.- Chamamos á tódalas entidades e organizacións concienciadas a colaborar e axudar no máis urxente: na propagación da información e no impulso de presentación de alegacións, que ten como data límite o 27 de xullo.

  7. SEPTIMO.- Esiximos ó alcalde Angel Alvariño, que se faga pública a posición oficial do seu goberno ao respecto do Proxecto do Parque Eólico Caaveiro

En Neda, a 06-07-2021


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.