Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Declaración de MOVENEDA a favor de Xesús Anxo López Pintos

Visitas: 396

Dende MOVENEDA volvemos a insistir no noso apoio a X. Anxo López Pintos e contra a sentenza de condena a pena de cárcere contra del pola súa participación no marco dunha protesta convocada polos comités de Navantia e Poligal, con motivo dun acto electoral do PP en Ferrol, no inicio da campaña ás autonómicas de 2012.

En canto ás acusacións, por parte da Fiscalía atribuiaselle ao compañeiro Pintos un delito de atentado e unha falta de lesións que ahora o Tribunal Supremo ratifica.

Lembramos que nas conclusións provisionais da Fiscalía en 2013 non se facía referencia á carga policial (que foi no seu momento cualificada como “brutal” por parte das organizacións sindicais da comarca), nin tampouco a como se produciu a detención de Pintos e moito menos á denuncia que este presentou por torturas e malos tratos na propia comisaría.

O que si é constatable é que naqueles tempos, alá polo ano 2012, o goberno do Partido Popular buscaba reprimir a contestación social a todo o paquete de políticas neoliberais perfectamente deseñadas, mediante o endurecemento do Código Penal e a imposición da coñecida como "Lei Mordaza".

Ben é certo que o PP finalmente decidiu retirar a denuncia contra Pintos, unha denuncia que nunca deberían de ter presentado, pero o caso é que o proceso xudicial seguíu o seu curso e agora é ratificada a pena de prisión por eses feitos.

Non é de recibo que un conveciño de Ferrolterra teña que entrar na cadea por participar nunha protesta unitaria onde estabamos todas e todos aqueles que defendíamos o futuro da comarca. Naquela protesta estaban representados sindicatos, comités de empresa, partidos políticos, etc.

A consigna debería ser ou todos ou ningún. Pintos non pode ser a "cabeza de turco" que meta o medo no corpo as traballadoras e traballadores que queiran facer uso a lexítima protesta na rúa.

Este xuízo e a conseguinte condea contra Pintos convértese deste xeito nun xuízo contra a clase traballadora máis consciente, e supón a aplicación máis despiadada da inxusta "lei mordaza".

Defendemos a idea de que as traballadoras e traballadores, nun estado de dereito, non poden pagar con cadea a súa participación nunha protesta, este é un feito inadmisible.

É a nosa obriga denunciar que a actual lexislación deixa en total indefensión a todas e todos os que protestan na rúa, nas redes, e a todos os niveles, por defender os dereitos e os intereses da clase traballadora.

A protesta, de corte pacífico, rematou cunha actuación policial desmedida e cunha única detención, a de Pintos, de entre todas as persoas que estaban alí.

Entendemos que o caso de Pintos é un exemplo do retroceso lento pero inexorábel no exercicio dos dereitos civís que se está a vivir no Estado español e dos métodos represivos e antidemocráticos aos que o poder recorre para acalar aquelas voces críticas coas súas políticas de recortes.

Fronte a isto ratificámonos na defensa "innegociable" do sistema de garantías e liberdades, conquista histórica do movemento obreiro.

Sen un estado garantista non hai democracia.


Etiquetas:

galicia, loita obreita, ferrolterra, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda

Declaración de MOVENEDA a favor de  Xesús Anxo López Pintos

outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.