Reproducimos un interesante artigo do Colectivo Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego por parecernos de interese para o debate.
A partir do 1 de xaneiro, a Xunta cederá aos concellos a competencia para autorizar obras nos bens patrimoniais e nas súas áreas de protección. Isto supón un cambio moi importante respecto ao sistema anterior: a Xunta deixa de ter a tutela directa e os concellos poderán decidir sobre as intervencións no patrimonio cultural.
1.- Historicamente, os informes sectoriais da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural aplicaban criterios baseados en:Esta supervisión autonómica funcionaba como mecanismo de garantía, corrixindo propostas inadecuadas e evitando danos irreversibles en inmobles históricos, contornas de protección ou territorios arqueolóxicos. Co novo escenario, a responsabilidade trasládase aos concellos, que deberán emitir autorizacións con criterios homologables aos da Xunta.
A cuestión crítica é: teñen os concellos capacidade técnica real para asumir esta función?
O panorama é preocupante:
Isto implica que 272 concellos carecen de persoal con formación específica en conservación do patrimonio cultural. A maior parte dos técnicos municipais teñen formación orientada ao urbanismo ordinario e á obra nova, non á intervención en bens catalogados nin á rehabilitación tradicional.
As consecuencias son evidentes: incrementa o risco de autorizacións incorrectas ou incompatibles coa Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, especialmente en cuestións críticas como:
3. Carencia dun inventario completo e actualizadoAntes de transferir competencias, sería imprescindible contar cun inventario rigoroso, completo e xeorreferenciado dos bens sometidos a protección. A realidade é que o catálogo oficial está incompleto, fragmentado entre o visor do Plan Básico Autonómico, os PXOM e os catálogos municipais.
Para que a delegación de competencias sexa viable, é imprescindible unha estrutura de apoio:
Formación obrigatoria
Programas de formación continua para técnicos municipais, alcaldes e concelleiros con responsabilidade directa na xestión urbanística, persoal das oficinas comarcais e de rehabilitación.
É imprescindible crear Unidades Técnicas Comarcais ou Provinciais, dependentes das Deputacións ou da Xunta, con:
Isto garantiría intervencións coherentes e descargaría aos concellos pequenos dunha responsabilidade para a que nin están estruturados nin poden estarlo.
Cos datos actuais, Galicia non está en condicións técnicas nin estruturais para asumir unha delegación plena e segura das autorizacións patrimoniais aos concellos. A transferencia só poderá funcionar se se acompaña dunha forte estrutura territorial, formación especializada e un catálogo rigoroso e oficializado.
galicia, vivenda, xunta de galicia, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |