Os veciños de moitas zonas do concello botamos varios días con problemas no suministro de auga ou directamente sen el por mor unha avería, que semella xa esta reparada. Nas vindeiras horas se ira recuperando o servizo.
O Concello de Neda informou deficientemente ós veciños.
Esta avería explícase pola neglixencia e irresponsabilidade deste goberno. Van xa moitas veces que dende Moveneda reclamamos un plan de vixiancia e mantemento das redes de canalización públicas. Non se fixo.
Dende hai mais de 10 anos reclamamos velo contrato de Viaqua, para saber exactamente que obrigas ten esa empresa. O alcalde Alvariño leva vez anos ocultando esa información.
Dende MOVENEDA esiximos:
O goberno de Alvariño é unha enorme máquina de non facer nada. Non facer nada é o seu traballo. Todo vai ben mentres outros lles fan o traballo. Os presupostos do concello? Os fai un administrativo. Problemas legais? Subcontratamos un abogado. Facer propaganda? Contratamos un periodista. Unhas festas? Subcontratadas. A xestión da auga? Subcontratada a Viaqua. O concello é una enorme subcontrata e cando chegan os problemas ninguén sabe de nada, ninguén sabe que facer e ninguén da a cara.
O alcalde, que sempre está rápido para saír na foto, botou tres días desaparecido como a auga de Neda.
moveneda, comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda, servizos municipais, Valedora do Pobo
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |