Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Convocatoria - 2026 | Axudas para mercar vivenda (Procedemento VI501A)

Visitas: 205

A Xunta de Galicia vén de convocar novas axudas para a compra de vivenda, especialmente pensadas para cascos históricos e vivenda protexida. O obxectivo é dobre: facilitar o acceso á vivenda e dar vida aos centros históricos das vilas e cidades galegas. 

Canto se pode recibir?

As axudas poden chegar a:

  • Ata 10.800 € con carácter xeral

  • Ata 12.800 € para menores de 36 anos

  • Ata 15.000 € en zonas declaradas como áreas Rexurbe

No caso de vivenda protexida, as cantidades poden ser aínda maiores dependendo do concello.

Prazo para solicitalas

  • Desde o 15 de abril ata o 15 de outubro de 2026

  • Ou ata que se esgoten os fondos

As axudas concédense por orde de solicitude, así que convén non agardar demasiado.

Quen pode pedilas?

Poden solicitar estas axudas as persoas que:

  • Comprasen unha vivenda entre outubro de 2025 e outubro de 2026

  • A vaian destinar a residencia habitual

  • Teñan ingresos que non superen aproximadamente 6,5 veces o IPREM

Que tipo de vivendas entran?

  • Vivendas en cascos históricos

  • Vivenda protexida

En ambos casos, deben ser para vivir nelas de forma habitual.

Unha oportunidade interesante

Lamentablemente esta liña conta somentes cun orzamento de 2 millóns de euros o que vai facer que poucas persoas poidan acceder a elas. A Xunta afirma que busca axudar á veciñanza a acceder a unha vivenda ao tempo que se recuperan zonas con valor histórico. 

Se estás pensando en mercar casa, pode ser un bo momento para informarte e aproveitar estas axudas.

O enlace ó DOGA: eiquí 


Etiquetas:

galicia, vivenda, xunta de galicia, comunicados de prensa


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.