Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

A rúa! Para que o genocidio contra o pobo palestino non caia na escuridade e o silencio

Visitas: 170

MOVENEDA súmase a convocatoria de movilización contra o xenocidio que Israel está a cometer contra o pobo palestino. Será o vindeiro domingo 21 de Decembro, ás 12 do mediodía, con saída dende a Praza Amada Garcia (diante do Edificio da Xunta) e con concentración e acto final na Praza do Hinno Galego (Esteiro)

Manifesto da convocatoria.

Aínda que o goberno sionista e o exército israelí, o réxime de Donal Trump e os gobernos da UE que os apoian, tentan evitar que se difundan os seus crimes, somos testemuñas do exterminio metódico que seguen a practicar na Gaza asediada, por medio de bombas e balas, por fame e por falla de asistencia médica, por destrución das vivendas e de tódolos servizos e infraestruturas que permiten a vida.

En outubro acordaron o mal chamado “Plan de Paz” (aceptado días antes por Hamas), e un mes despois unha resolución do Consello de Seguridade de Nacións Unidas, baixo a chantaxe de que, de non ser aceptado, continuaría o baño de sangue e a destrución da Gaza. Mais era un “plan de paz” que ao menos contemplaba un alto ao fogo, a entrada de axuda humanitaria e un intercambio de reféns, vivos e mortos.

Plan de Paz que Israel violou e viola unha e outra vez, sen respectar o alto o fogo, restrinxindo a entrada de axuda humanitaria e reducindo Gaza a menos da metade do seu territorio. E miles de palestinos seguen en prisión sufrindo torturas, violacións e tratos degradantes. Durante o alto o fogo centos de asasinatos, dos cales, a día de hoxe, 67 nenas e nenos e máis de 1.000 persoas feridas.

Debemos esixir que a ONU tome medidas eficaces para obrigar a Israel a que cese de inmediato no ataque militar constante en toda Gaza, que provocou xa máis de 70.360 persoas mortas (das que máis dun terzo son nenos e nenas), 171.047 feridas e miles de desaparecidas baixo os entullos; e que ao mesmo tempo asegure que lle chegue xa á poboación os medios para o refuxio, a alimentación e a asistencia sanitaria que precisa con urxencia. Facilitar a evacuación de todas as persoas que necesiten unha atención sanitaria.

Esixir a suspensión de Israel da ONU, a ruptura de relacións e o embargo total de armas. Gaza e a Palestina ocupada, non necesita un “Plan de Paz” elaborado polos cómplices e colaboradores necesarios do Xenocidio, senón que necesita mais un plan de de Descolonización e unha Palestina libre, onde o Pobo poda exercer o seu dereito de autodeterminación.

Viva Palestina Libre!
Desde o río ate o mar, Palestina Vencerá!

MANIFESTACIÓN COMARCAL: FERROLTERRA CONTRA O XENOCIDIO
Cos ollos postos en Gaza! Solidariedade coa Palestina Ocupada!


Etiquetas:

palestina, ferrolterra


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.