Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Contra a especulación, vivenda pública

Visitas: 367

Hai xa anos que o acceso á vivenda é para a clase obreira unha enfermidade permanente e dexenerativa. Escaseza de alugueres ofertados habendo infinidade de vivendas baleiras, prezos desorbitados e en ascenso ano a ano, condicións abusivas nos contratos, hipotecas usureras… súmanse a á escaseza de Vivendas de Protección Oficial (VPO) e á falta de interese das institucións do Estado pola súa promoción. 

Só en Galicia hai 18.054 demandantes, porén os datos de adquisición de VPOs por parte da Xunta de Galicia roza o ridículo, nos últimos anos (entre 2014 e 2021) tan só 675 vivendas e se ben hai 737 programadas para 2024 en toda Galicia, esa oferta non chega a cubrir a demanda de Santiago de Compostela.

A problemática de acceso á vivenda da clase obreira debería estar marcada cunha prioridade especial, e pola contra vemos como as institucións do Estado, lonxe de volcar esforzos en protexer á clase obreira da especualción burguesa, case que ningunean esta cuestión. Todo parece indicar que os beneficios da burguesía teñen prioridade sobre o dereito a unha vivenda digna da clase obreira.

Juan José Yáñez, Secretario Xeral de APROINCO (Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña) confesa que dende que a Xunta permite vender máis caro (2021) pode que as VPOs comecen a ser rentables para os constructores.

En definitiva, a promoción ou non de VPOs non depende das necesidades materiais da clase obreira para poder acceder a unha vivenda, senón de se a burguesía inmobiliaria e da construcción aumenta a súa plusvalía ao obter a concesión dos contratos.

Unha vez máis comprobamos que as institucións que nos gobernan non toman decisións pensando nas nosas necesidades e intereses, senón en función das posibilidades de maximización de beneficios das empresas e os seus propietarios.


Etiquetas:

vivenda, comunicados de prensa

Contra a especulación, vivenda pública

outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.