Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Continúa a censura por parte do Goberno de Neda

Visitas: 258

No dia de onte, as tres forzas da oposición do Concello de Neda emitimos un comunicado conxunto denunciando que o goberno de Alvariño Saavedra exerce unha censura intolerable ocultando e bloqueando a publicación do video do último pleno.

Tan só 1 hora e 23 minutos despois de denunciar a censura, o Concello publicou o video.

Podedes consultado eiquí

O asunto é grave. A rapidez coa que reaccionou o goberno e toda unha confesión: había orde de non publicalo porque alguen decidiu censuralo. Non había dificultades técnicas, só a vontade de entorpecer a laboura da oposición.

Este non é outro video gracioso de tiktok, trátase da acta dixital dun acto oficial, é un documento legal do concello e alguén manobrou para impedir o acceso da oposición á documentación oficial, para coartar o dereito dos veciños e veciñas á información e a saber o que acontece nos plenos.

Dende Moveneda - Movemento Veciñal Neda convidamos ó BNG e ó PP a colaborar para depurar responsabilidades neste grave feito, ate as últimas consecuencias, incluídas as legais.

Por outro lado, o video non esta completo, está censurada a intervención de Manuel Monge e a do colectivo de veciños afectados pola riada.

Por exemplo, podedes ver como nun pleno anterior, do 27-11-2024, está publicado completo, e pódese escoitar a intervención de veciños despóis turno de Rogos e Preguntas

Por qué neste pleno de Marzo se censura esta parte?

Moveneda continúa a esixir que pare dunha vez a censura e a manipulacion por parte do goberno de Alvariño e que se publique o video completo.


Etiquetas:

comunicados de prensa, goberno de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.