Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O concello rematou as reparacións no Canal da Marina... pero a alegria non é completa

Visitas: 318

Traemos noticias, unha boa e unha mala. A boa é que o Concello rematou as reparacións no Canal da Marina... pero a alegría non é completa.

As obras consistiron na limpeza da contorna e a sustitucion das moitas tapas do canal que levaban anos rotas, partidas, afundidas no propio canal. tamén se puxeron novas as que directamente faltaban.

A noticia mala é que fumos inspeccionar as obras e nos atopamos que ao lado do canal quedaron os escombros data tapas vellas.

Queremos supoñer que o goberno de Neda procedera á súa retirada inmediata

MOVENEDA INSISTEU ANOS NA NECESIDADE DE MANTEMENTO

Como en outros temas, a falla de mantemento do Canal foi denunciado por MOVENEDA en dúcias de ocasións, tanto en Plenos e Comisións de Obras e Servizos, sen que se tomasen medidas axeitadas.

Tan só tardamos 10 anos, pero a base de insistir (e tamén tras o susto do corte de auga de agosto) parece que por fin Alvariño se tomou en serio a tarefa de manter adecuadamenteCanal da Marina, a principal via de abastecemento de auga de Neda.

ALVARIÑO NON TEN PROXECTO NIN PLAN DE TRABALLO

Nestas tres lexislaturas, as neglixentes políticas dos gobernos de Alvariño deixanron apodrecer os problemas sen atallalos... ata que estoupan (como corte de auga de agosto o as inundacións). Padecemos un goberno que non ten planificación dos mantementos das insfraestructuras e que carece de un plan de futuro para Neda.

MOVENEDA PROPÓN PLANS PERIÓDICOS DE MANTEMENTO

Dende MOVENEDA abogamos por facer un análise técnico das infraestructuras actuais, para coñece-lo seu estado e establecer plans periódicos de revisión, mantemento e mellora.


Etiquetas:

servizos municipais


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.