Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Comunicado de Moveneda no Dia Internacional das Persoas con Discapacidade

Visitas: 320

Hoxe, dia 3 de decembro, e o Dia Internacional das Persoas con Discapacidade e uns dos grandes atrancos cos que se atopan estas persoas con limitacions de movilidade son as barreiras arquitectonicas

Dende MOVENEDA asumimos un compromiso coas persoas discapacitadas, e por iso presentamos no pleno de xaneiro deste ano 2016 unha Mocion no Concello de Neda, para promover a eliminacion destas barreiras arquitectonicas, que foi aprobada por unanimidade e dotada nos orzamentos de 2016 cun importe de 44.000 €.

Naquel momento felicitamonos por este feito e porque ademais o Concello adheriuse o Plan Meta2017: Ano da Accesibilidade Universal. Lamentablemente despois de once meses apenas se fixeron un par de rebaixes en beirarruas. Por riba diso, enteramonos de que o goberno municipal vai traspasar 40.000€ desa partida para a pavimentacion de camiños. A explicacion dada foi que non ia dar tempo a gastar eses 40.000 € antes de fin do ano e que terian que ir destinados a amortizar debeda dun credito formalizado na epoca de goberno de Ignacio Cabezon e que ten unha abusiva comision por amortizacion anticipada dun 25%.

Evidentemente, estamos dacordo en que antes de regalarlles mais cartos os bancos, e mellor facer estas obras de pavimentacion de camiños, moitos deles en condicions lamentables tras anos sen mantemento. Co que non estamos dacordo e coa escasa implicacion real e coa falta de traballo efectivo do goberno tripartito con algunhas mocions que apoian en Pleno. Semella que queren quedar ben e amosar unha cara amable coa veciñanza, para despois esperar a que caian no olvido.

Dende MOVENEDA pensamos que unha decision politica coma apoiar unha mocion implica tamen a decision para aplicala. Implica seriedade e compromiso real cos problemas da veciñanza. Un compromiso real que vai mais ala de colgar no balcon do concello carteis reivindicando esta data e esquecer o problema o resto dos 364 dias do ano. Imos seguir traballando para que aqueles proxectos que se aproban se convirtan en realidade e melloren as condicions de vida das persoas con discapacidade para chegar a que poidan vivir en igualdade de condicions e oportunidades.


Etiquetas:

moveneda, feminismo e igualdade, xunta de galicia, comunicados de prensa


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.