Nesta canle de YouTube (https://www.youtube.com/@concelloneda6628) do Concello de Neda podemos ver as sesións plenarias do noso concello, facendo así un exercicio de transparencia e participación democrática tal como se acordou nun pleno do ano 2021.
O habitual vén sendo que o vídeo se suba como moi tarde unha semana despois da celebración do pleno ou incluso antes.
Ben, pois logo dun mes do "polémico" pleno onde o PSOE de Neda votou en contra da proposta do BNG con voto a favor por parte de PP e Moveneda da retirada da Cruz dos Caídos, ese vídeo desa sesión aínda non está colgado na canle... Casualidade???
Xa abonda de querer tapar e manipular a realidade, xa abonda de utilizar os medios municipais ao antollo de quen goberna en vez de en favor da veciñanza, do ben común.
Esiximos ao goberno do PSOE de Neda que cumpla co acordado, que practique a transparencia e participación veciñal real.
memoria histórica, comunicados de prensa, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |