Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Comunicado de MOVENEDA en apoio ó corpo de bombeiros de Ferrol

Visitas: 285

Dende o Movemento Veciñal Neda - MOVENEDA queremos expresar a nosa máis fonda solidariedade e todo o noso apoio ó Corpo de Bombeiros de Ferrol, e de maneira moi especial ó seu compañeiro recentemente accidentado, que sufriu a amputación dunha perna cumprindo co seu deber de auxiliar a poboación.

Queremos facer chegar o noso agarimo, respecto e desexo de recuperación na millor das condicións posibles, así como o recoñecemento ó seu compromiso exemplar co servizo á cidadanía.

Os bombeiros son exemplo permanente de xenerosidade, esforzo, valentía e entrega sen límites ó servizo público, arriscando a súa propia vida para protexer á veciñanza. A súa laboura é absolutamente imprescindible e merece o apoio firme e decidido de todos.

OS BOMBEIROS, SERVIZO A PESARES DA PRECARIEDADE

O grave accidente de ontes pon de manifesto unha realidade que non pode seguir sendo ignorada. Cando os gobernos municipais non asumen plenamente as súas responsabilidades, cando se recorta, se privatiza ou se somete aos servizos públicos a unha infrafinanciación crónica, as consecuencias recaen directamente sobre os traballadores e sobre a seguridade colectiva.

As carencias de equipamento, dotacións e persoal que padece o servizo de bombeiros de Ferrol son o resultado dun proceso acumulado de degradación progresiva, de decisións políticas que non situaron como prioridade a seguridade, a prevención e o reforzo dos servizos públicos esenciais.

POR UNS SERVIZOS PUBLICOS DIGNOS, DE CALIDADE

Dende MOVENEDA queremos trasladar todo o noso recoñecemento e gratitude aos bombeiros, e reafirmamos o noso compromiso coa defensa duns servizos públicos dignos, ben dotados e plenamente preparados para garantir a seguridade e o benestar da nosa veciñanza.


Etiquetas:

ferrolterra, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.