Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Cobros pola retirada de niños de velutina

Visitas: 182

Nos últimos días sairon novas preocupantes en varios concellos de Galicia: veciños que cumpriron coa súa responsabilidade cidadá de avisar da presenza de niños de vespa velutina a través dos servizos oficiais 012 ou 112, e están a recibir posteriormente facturas pola actuación dos bombeiros encargados da súa retirada.

Están afectados, polo menos, a unha ducia de veciños do Concello de Sober, que alertaron a través das canles indicadas pola administración e que, lonxe de recibir un servizo público garantido, acabaron sendo penalizados economicamente por face-lo correcto.

Dende MOVENEDA consideramos que esta situación é absolutamente inxusta e perigosa.

Inxusta porque traslada aos veciños un custo que non lles corresponde asumir, e perigosa porque pode provocar que, por medo a recibir unha factura, se deixen de comunicar a presenza de niñadas, incrementando así o risco para a seguridade pública e dificultando o control desta especie invasora.

Convenio Xunta de Galicia e FEGAMP

Existe un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para a loita contra a avespa velutina. Este acordo establece mecanismos de coordinación e apoio aos concellos adheridos, co obxectivo de garantir unha resposta eficaz contra desta especie invasora, que supón unha ameaza para a biodiversidade, a apicultura e a seguridade das persoas. Resulta especialmente grave que se estean emitindo facturas a veciños en concellos que, en principio, deberían estar cubertos por este convenio.

CONVENIO XUNTA DE GALICIA - FEGAMP PARA O PROGRAMA GALEGO DA VESPA VELUTINA 2025

Irresponsabilidade das administracións

A loita contra a velutina é unha responsabilidade das administracións públicas e debe ser tratada como un servizo esencial de protección colectiva, non como unha carga económica individual.

Dende MOVENEDA imos solicitar información clara e transparente ao Concello de Neda para coñecer se está adherido a este convenio, e cal é o procedemento actual de actuación e se existe a posibilidade de que os veciños poidan verse afectados por este tipo de cobros.

MOVENEDA defende que ningún veciño ou veciña debe ser penalizado por contribuír á seguridade común. Avisar da presenza de velutinas é un acto de responsabilidade cívica que debe ser recoñecido e facilitado, nunca castigado.


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.