Na AV Ancos continúan co seu ciclo Os Martes da Memoria. Nesta ocasión nos propoñen unha charla a cargo do historiador ferrolán Bernardo Máiz sobre a Guerrilla
Será no local da asociación, a partires das 19:30 o Martes 24 de Febreiro. Entrada libre.
BERNARDO MÁIZBernardo Máiz é un historiador pioneiro no estudo da represión franquista e da guerrilla antifranquista en Galicia. Desde comezos dos anos 80 publicou numerosos traballos que o convirten nunha referencia fundamental na investigación deste fenómeno histórico.
Nos seus estudos, Máiz destaca que a guerrilla foi a primeira e durante anos a única oposición real ao franquismo en Galicia, especialmente nos anos 40. Analiza o papel central do Partido Comunista de España na organización e dirección da resistencia armada, así como a súa estrutura, propaganda e evolución cara a un auténtico exército guerrilleiro.
Tamén explica as causas do declive da guerrilla, como a forte represión policial do réxime franquista, o contexto internacional da Guerra Fría e o cambio de estratexia do movemento comunista, que levou ao abandono progresivo da loita armada entre 1949 e 1950.
En conxunto, os estudos de Bernardo Máiz contribuen decisivamente a recuperar a memoria histórica da guerrilla galega e a comprender o seu papel como principal forma de resistencia ao franquismo na posguerra.
memoria histórica, loita obreita, cultura, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |