Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Chapuzadas na licitación da concesion do chiringuito da Área da Cobeluda

Visitas: 310

O pleno do luns deu moito de si. Nos vindeiros días imos detallar e analizar moitos asuntos, pero un dos mais importantes foi a pregunta feita por MOVENEDA interesandose pola licitación da concesion do chiringuito da Área da Cobeluda por parte do Concello de Neda

Licitacion no Portal de Contratación

Despois da licitación por 145 euros do ano pasado (O servizo de bar na Área da Cobeluda, unha concesión pouco transparente), para este ano 2024 dende MOVENEDA anvivemos moito máis atentos e preguntamos tanto en Comisións como no Pleno pola licitación da concesión.

A alcaldia dixo que ia publicar a licitación no Portal de Contratación. Dende MOVENEDA agardamos que o Goberno de Alvariño lle dea a mesma intensidade de difusion e publicidade que da a outros eventos, publicando amplamente en redes sociais e xornais.

Por se acaso, vos facilitamos o enlace que abre a páxina de búsca: Portal de Contratacion do Estado

O único que hai q facer é poñer en "Nombre O. Contratación": Ayuntamiento de Neda

E onde pon "Fecha publicación entre": 01-01-2024  e 27/05/2024
(poñede a data do día anterior por se acaso)

Dende Moveneda vixiaremos de cerca esta licitación

Polo que sabemos, a data de hoxe 28-05-2024, ainda non esta publicada a licitación, polo que todos os interesados teñen tempo de ir preparando ofertas.

Agardamos que este ano se envien moitas e que isto redunde na escolla da millor opcion e do millor servizo para veciños e visitantes.


Etiquetas:

comunicados de prensa, concello de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.