Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Sábado 29, as 19:30h na Casa da Cultura: Celebrando os dez anos de MOVENEDA

Visitas: 269

O vindeiro sábado día 29 de novembro MOVENEDA fará un pequeno acto de celebración lebrando os dez anos (e seis meses...) da nosa actividade. Será na Casa da Cultura, a partires das 19:30 horas

Foi aló, por 2015, que un grupo de veciños se xuntan nun proxecto para levar a voz dos veciños comúns á Casa do Concello. É entón cando xurde MOVENEDA, o Movemento Veciñal Neda, ó abeiro dos movementos de contestación cidada de 2014 e tamén da resposta veciñal contra a deriva e as actitudes autoritarias do daquela alcalde do PP, Ignacio Cabezón.

10 anos despois aquí seguimos traballando, coas mesmas intencións pero con algo máis experiencia. MOVENEDA segue a marcar un fito de acción política en Neda, inspirada tamén naquelas primeiras corporacións da Agrupación Democrática Independente: aberta, de base, participativa, rendendo sempre contas, explicando o que facemos e procurando que a Casa do Concello sexa a casa de todos, e non o chiringuito dos escollidos.

Celebracións

Este sábados vos convidamos a reunirnos todos cantos fixemos posible MOVENEDA, todos os que nalgún momento apoiaron e aportaron o mellor de sí, ós que nos votaron dándonos a súa confianza, a todos os veciños que pensan que en Neda merecemos máis.

Vos convidamos a xuntarnos de novo, saudarnos, lembrar as cousas boas (tamén algunha non tan boa...), falar un pouco de todo e, o máis importante, tomarlle un picho e un grolo.

Estades todos convidados. Non faltedes!

Vémonos o sábado!


Etiquetas:

moveneda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.