Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Cando te digan que a movilización e a protesta non serven para nada...

Visitas: 77

A mobilización e as protestas tras o grave accidente en Recimil obrigan a rectificar ao goberno de Ferrol: aprobada a maior oferta de emprego público da súa historia

O Concello de Ferrol aprobou unha Oferta Pública de Emprego (OPE) de 97 prazas, a maior da súa historia, incluíndo novas incorporacións en servizos clave como bombeiros, Servizos Sociais e Policía Local. A medida reforzará unha plantilla municipal que leva anos sofrindo falta de persoal e deterioro do servizo público.

Como novidades relevantes, o reforzo do servizo de bombeiros e a mellora dos Servizos Sociais, que por primeira vez cubrirán todos os postos previstos e incorporarán novas figuras profesionais.

O PP MOVESE CANDO LLES ARREAN

Este avance non é froito da casualidade nin vontade espontánea do goberno do PP. É consecuencia directa das protestas e mobilizacións do persoal e das organizacións sindicais, que levan anos denunciando as políticas de recortes e precarización.

Resulta especialmente grave que tivera que producirse unha traxedia con mortos e feridos graves no recente incendio para que o goberno de José Manuel Rey Varela e o PP rectifiquen, abandonen a súa política de recortes salvaxes e se vexan obrigados a reforzar servizos como os bombeiros. A rectificación evidencia que as criminais políticas de precarización do Partido Popular (e os seus socios de Vox) afectan á seguridade de todos.

A ORGANIZACION E A LOITA DAN FROITOS

Fronte ós discursos que din que organizarse non serve de nada, a realidade demostra o contrario: a loita colectiva consegue resultados concretos.

Desde MOVENEDA reiteramos que con organización, mobilización e presión social se poden defender os servizos públicos e tamén conseguir avances en concellos como Neda, que padece dende hai anos un goberno inmovilista, sen ideas nin propostas.

Os avances conquístanse, non se conceden.


Etiquetas:

loita obreita, ferrolterra


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.