Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Cando digan que as folgas non serven de nada, lembra os traballadores de LIDL Narón

Visitas: 477

Os traballadores de LIDL Naron veñen de obter unha grande victoria sobre a empresa. Despois dunha heroica folga de 97 días en 2023, a plantilla vence a unha patronal rastreira que utilizou as máis arteiras manobras para romper a determinación de loita da plantilla.

Hoxe, a prensa recolle que LIDL ven de ser condeada polo xulgado do Social de Ferrol por "esquirolaxe organizativa" durante a folga que en 2023 levaron adiante máis de 150 traballadores no centro de distribución en Narón. A sentenza considera probado que a empresa alterou a súa organización interna ilegalmente para minimizar os efectos da folga e reventar a loita dos obreiros.

LIDL é condenada a indemnizar con 50.000 euros a 76 dos traballadores que secundaron os paros.

Unha folga heroica de 97 días

A folga desencadeouse polo incumprimento reiterado por parte de LIDL do convenio colectivo e desenvolveuse no centro de distribución de Lidl en Narón durante 97 días, entre o 14 de febreiro e o 21 de maio de 2023.

O Xulgado considera probado que, durante os paros, a empresa "desviou a outras plataformas loxísticas da compañía parte da carga de traballo" habitual de Narón. Por esa actuación LIDL xa foi condenada en maio daquel mesmo ano polo mesmo xulgado do Social de Ferrol por vulnerar o dereito fundamental de folga.

MOVENEDA apoiou sen fisuras á plantilla

Membros do comité de empresa do Centro Loxístico de Lidl en Río do Pozo, reuníronse con representantes dos grupos municipais do Concello de Neda. Naquel momento, o colectivo de traballadoras e traballadores levaba xa máis dun mes en folga indefinida para reclamar o cumprimento do convenio enotaban que non acadaban os apoios necesarios, especialmente nos medios de comunicación.

Moveneda deu un total apoio á loita destes compañeiros e compañeiras, varios deles veciños Neda. Podes consultar as nosas publicacións de apoio facendo click eiquí

Nun dos plenos do concello MOVENEDA propuxo ó resto de grupos acordar e emitir un comunicado de apoio desta Corporación e ás súas lexítimas reivindicacions e que este fose enviado polo Servizo de Comunicacion do concello ós medios. A intención era conseguir a difusión e impacto que merecía a súa loita, xa que unha das queixas que nos trasladaron foi o escaso impacto do seu conflicto nos medios de comunicación.

Recordar tamen, que se axudou a estes compañeiros traballadores na recollida de fondos mediante a venta de bonos para axudarlles como "caixa de resistencia".


Etiquetas:

loita obreita, ferrolterra, comunicados de prensa


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.