Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Carlos Caaveiro cede o testigo como concelleiro de Moveneda

Visitas: 227

En Moveneda procuramos manternos fieis nosa liña desde que entramos no Concello en 2015. Así, entre outras cousas, sempre falamos de non manter personalismos indefinidamente porque ceemos no traballo en común, en grupo.

É por isto, que no vindeiro pleno deste lun 28 de xullo, o representante electo por Moveneda, Carlos Caaveiro vai deixar de ser concelleiro. Este relevo prodúcese despois de desenvolver o seu traballo no cargo e representando os veciños e a Moveneda durante tres lexislaturas e case 8 anos.

A persoa que asume o reto de continúar o traballo no Concello será Neiva Tristao, que leva participando no traballo de Moveneda prácticamente desde o inicio da nosa andadura alo por 2015.

Este cambio foi dabatido e aprobado nas Asambleas Permanentes que realizamos nestas datas recentes. 

En Neda merecemos máis! 


Etiquetas:

moveneda, comunicados de prensa, concello de Neda, eleccions municipais

Carlos Caaveiro cede o testigo como concelleiro de Moveneda

outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.