Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.
A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.
Cabodano sen celebración: o alcalde dalle a espalda ós problemas no Poulo
Written by MoveNeda on .
Visitas: 214
Lamentablemente, no Poulo medran os problemas e o alcalde Alvariño e o seu goberno danlle a espalda os veciños.
Vaise cumprir un ano dende que caeu a barandilla que separa a beirarrúa dun talude. Pese a ter avisado en moitas ocasións ao Concello, seguen sen colocar as barandillas novas. O Alcalde prometeu solucionalo pero un ano non lle chegou
Na curva do Poulo a beirarrúa estase a afundir e, pese a estar avisado o Concello, non fan nada e a greta segue medrando.
A veciñanza da zona leva agardando case tres anos por un paso de peóns, necesario para garantir a seguridade, especialmente a das nenas e nenos da zona.
Todas estas necesarias actuacións estań paralizadas por parte do Concello, e cando lles pedidmos explicacions as excusas son as mesmas de sempre.
A realidade é que o alcalde non fai o seu traballo.
Teruel existe, pero señor Alcalde... O Poulo tamén.
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.
Termos de uso, privacidade e cookies Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.