Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Cables colgando e dende o Concello ninguén se ocupa

Visitas: 285

Recibimos várias queixas de desperfectos no cableado polas recentes e continuas tormentas. O fortes ventos descolgaron un poste na zona de Pename, e tamén causaron outros desperfectos en Albarón

Os veciños nos trasladan queixas fa falla de atención no Concello. Despois de chamar "máis de 30 veces avisando" a única resposta que obteñen é un "ya vendrán". E ninguén aparece mentres "o problema segue así dende hai máis dun més".

AS QUEIXAS. MOITO MILLOR OFICIALMENTE, POLO REXISTRO DO CONCELLO

Lamentablemente xa temos comprobado que non é moi efectivo chamar ó concello, moito menos o Concelleiro de Servizos, Ángel García Cordero, por moito que o alcalde diga que "estan 24/7 de garda".

Dende MOVENEDA pensamos e recomendamos que o millor é meter unha queixa polo Rexistro do Concello e enviarnos copia da comunicación. Deste xeito, podemos facer seguimento e meterlles presión nas Comisións Informativas e no Pleno se vemos que non fan nada.

CONTROL AO GOBERNO

Na proxima Comision de Área de Servizos imos preguntar por este asunto de maneira específica, a ver con que excusa creativa nos sorprende o Sr. Cordero.


Etiquetas:

servizos municipais


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.