A velutina segue a ser un problema ambiental de primeiro orde nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal segundo recolle hoxe o xornal El Diario de Ferrol.
Segundo os últimos datos oficiais da Xunta, a empresa pública SEAGA neutralizou en 2025 un total de 1.587 niños na zona, fronte aos 1.379 do ano anterior elidealgallego, o que supón un repunte tras o lixeiro descenso rexistrado en 2024.
Ferrol encabeza o ránking municipal con 248 niños retirados, seguido de Narón e Valdoviño con 123 cada un. Destaca tamén o caso de As Somozas, que case duplicou as súas cifras con respecto ao ano pasado. O noso concello de Neda, tivo 66 reportes/actuacións.
Para comunicar incidencias, a cidadanía pode chamar ao 012 ou empregar a aplicación Controlvelutina, que permite xeolocalizar os niños en tempo real. En situacións de urxencia ou risco, o protocolo establece contactar co 112.
ecoloxía e medio ambente, galicia, ferrolterra, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |