Augas de Galicia aprobou este decembro o mapa actualizado de “aglomeracións urbanas” en Galicia para efectos de saneamento e depuración. Ese substitúe ao antigo listado recollido no vello “Plan de saneamento de Galicia 2000-2015”.
As aglomeracións que recolle este documento inclúen vilas, concellos ou agrupacións de pobos, cada unha cun “ente público representativo” que será responsable (ou corresponsable) da xestión das súas augas residuais.
Para o Concello de Neda se recollen dúas
Augas de Galicia ten a obriga, tanto por leis nacionais como europeas, de delimitar as aglomeracións urbanas para organizar a xestión dos sistemas de saneamento e depuración. Augas de Galicia é quen debe garantir que as augas residuais urbanas sexan recollidas, conducidas e tratadas adecuadamente antes de vertelas, contribuíndo así á protección ambiental e a saúde pública.
Os concellos saben a que “aglomeración urbana” pertence o seu territorio para efectos de saneamento e depuración e así facilitar a planificación, investimento e xestión compartida.
Isto serve como base legal e administrativa para construír, mellorar ou financiar redes de alcantarillado, depuradoras, sistemas de recollida e transporte de augas residuais.
xunta de galicia, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |