As dúas administracións andan entretidas nunha liorta de comunicados e declaracións botándose as culpas do ano que tardou unha solicitude para ser aprobada
Todo deu comezo co anuncio do goberno de Neda, confirmando que xa recibiran o permiso de Augas de Galicia para limpar o río Basteiro. O goberno local non perdeu oportunidade no seu comunicado de prensa de botar as culpas da tardanza a Augas de Galicia, e así aparece recollido en diversos medios: "El Concello asegura que había solicitado hace un año estos trabajos para evitar los desbordamientos"

Augas de Galicia no tardou en dar resposta ás acusacións ó Concello de Neda asegurando que o goberno local ""non cumprimentou ata unha data moi recente, concretamente hai dez días", a información necesaria para obter o visto e prace á actuación de limpeza no río Basteiro.
O organismo dependente da Xunta, a traves da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, non parou aquí e extendeu a crítica á propia figura do alcalde Alvariño considerando "moi frustrante que un alcalde que hai unha semana recoñecía ante Augas a falta de dilixencia administrativa do seu Concello agora derive a responsabilidade cara a outra administración".
Augas de Galicia explicou no seu comunicado que os traballos solicitados "afectan a bens de interese cultural" e que a documentación enviada polo Concello estaba imcompleta xa que "non detallara que actuacións se ían acometer e de que forma se acometerían".
Esta é, segun Augas, o motivo polo que o Concello de Neda non obtivo os permisos dos organismos pertinentes.
xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |