Como cada ano, o Ministerio de Transportes volveu subir as cotas que pagamos a AUDASA polas peaxes das súas autoestradas a partir do 1 de xaneiro.
Os incrementos implican que un desprazamento habitual entre Neda e outros puntos de Galicia (Coruña, Compostela, Vigo, Tui, etc.) será agora notablemente máis caro.
Ademais, o aumento engádese a un sobrecusto acumulado disparatado: nos últimos catro anos os peaxes da AP-9 subiron máis dun 20 %.
O efecto das continuas subas sitúa á AP-9 como unha das autoestradas máis caras de España, un “agravio territorial” para Galicia, nunha autoestrada que debería ser publica dende hai anos e que os gobernos do PP extenderon a concesión de xeito ilegal ata os 75 anos.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |