Hoxe imos explicar como se fabrica e se propaga un bulo, as fake news. E para iso temos o exemplo perfecto.
A páxina de Facebook de nome Neda Azul publica este dias este grafico onde se di que Neda en 2020 tina 6.166 habitantes.

A realidade e que que Neda leva anos sen acadar esas cifras de poboación. En 2020 en Neda había 5.023 habitantes, segundo datos do Instituto Nacional de Estadistica, que poden ser consultados neste enlace: INE: Cifras oficiales de población de los municipios españoles

Nos 8 anos de gobernos do Popular Ignacio Cabezon, Neda perdeu 388 habitantes. Nos 10 anos de gobernos de Alvariño, en Neda perdemos 336 habitantes.
A triste realidade é que nin PP nin PSOE foron capaces de artellar medidas politicas que paliasen a problemática da perda de poboación en Neda.
O feito de publicar este dato falso deixa claro que no Partido Popular de Neda interesa máis intoxicar que informar. Evidencia o escaso ou nulo interese polo rigor e o traballo serio e, por ultimo, deixa claro a ansia venenosa por manter un estado de axitación e crispación. Non teñen interese, non teñen ideas, non teñen propostas serias.
moveneda, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |