Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Así se fabrica un bulo II

Visitas: 179

Nos fan chegar outra pillada a ese canal ligado ó PP de Neda, BULO AZUL. Desta volta a pillan soltando veneno contra as propostas para millorar a recollida de lixo no noso concello e non ten millor ocurrencia que manipular e fabricar outro bulo.

A páxina de Facebook de nome Neda Azul, publica isto, dando a entender que "a xente ten que deixar a basura no chan porque non hai contenedores". Tamén aproveita para criticar ós que piden contenedores marróns para millorar a segregación de residuos (o que abarataría o que nos cobra SOGAMA)

FOTO TOMADA PARA CADRAR COAS INTENCION MANIPULADORAS

Porque a realidade é que xusto nese punto si hai un contenedor verde e outro un amarelo... e xa sería fantástico ter tamén un azul e outro marrón, para axudar ós veciños a separar os seus residuos.

Habería que saber que levou a algun veciño ou veciños a deixar o lixo no chan: podería estar xa cheo o contenedor ou ser algun veciño de escasa conciencia cívica. Pero eses son outros temas.

FALLA DE RIGOR OU MALA FE?

O feito de publicar esta foto para manipular deixa claro que lamentablemente hai algunha xente no Partido Popular de Neda á que interesa máis intoxicar que informar. Isto evidencia o nulo interese polo rigor e o traballo serio destes individuos, cando seria millor para todos, e de máis proveito, que axudasen ós seus compañeiros concelleiros a preparar os temas que levan ó pleno ou facer propostas positivas para millorar o concello.

En Neda merecemos máis


Etiquetas:

moveneda, comunicados de prensa


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.