Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Así se fabrica un bulo

Visitas: 631

Hoxe imos explicar como se fabrica e se propaga un bulo, as fake news. E para iso temos o exemplo perfecto.

A páxina de Facebook de nome Neda Azul publica este dias este grafico onde se di que Neda en 2020 tina 6.166 habitantes.

Este dato é falso, é o xerme dun bulo.

A realidade e que que Neda leva anos sen acadar esas cifras de poboación. En 2020 en Neda había 5.023 habitantes, segundo datos do Instituto Nacional de Estadistica, que poden ser consultados neste enlace: INE: Cifras oficiales de población de los municipios españoles

Cal é a realidade?

Nos 8 anos de gobernos do Popular Ignacio Cabezon, Neda perdeu 388 habitantes. Nos 10 anos de gobernos de Alvariño, en Neda perdemos 336 habitantes

Non te deixes enganar

A triste realidade é que nin PP nin PSOE foron capaces de artellar medidas politicas que paliasen a problemática da perda de poboación en Neda. 

Falla de rigor ou mala fe?

O feito de publicar este dato falso deixa claro que no Partido Popular de Neda interesa máis intoxicar que informar. Evidencia o escaso ou nulo interese polo rigor e o traballo serio e, por ultimo, deixa claro a ansia venenosa por manter un estado de axitación e crispación. Non teñen interese, non teñen ideas, non teñen propostas serias.

En Neda merecemos máis


Etiquetas:

moveneda, comunicados de prensa


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.