A característica común entre Ángel Alvariño e o seu partido, o PSOE, é que din unha cousa e logo fan outra.
O último exemplo o temos co clamor unánime na nosa comarca a favor dun servizo ferroviario axeitado, esixindo un “tren do século XXI”.
Eiquí maniféstanse, colócanse diante da pancarta para saír na foto e proclaman o seu apoio a un tren digno para Ferrolterra. Pero logo, en Madrid, non asinan nin apoian a iniciativa rexistrada no Congreso para esixir un “tren do século XXI”.
Alvariño e o PSOE non apoian unha proposta apoiada pola maioría social, impulsada por diversos grupos parlamentarios e colectivos sociais. Unha aposta para modernizar as infraestruturas ferroviarias, recuperar frecuencias e garantir conexións competitivas para o territorio e para o noso concello.
Esta actitude revela a falla de compromiso real do PSOE coa nosa comarca e confirma que practica unha política de fachada en Neda, en Ferrolterra e en Galicia, baseada en declaracións e xestos simbólicos, para logo, nas institucións onde teñen capacidade de decisión, optan pola inacción e o abandono.
Dende MOVENEDA consideramos inaceptable esta dobre cara política, que supón unha falta de respecto á veciñanza e unha traizón ás necesidades históricas de Ferrolterra, que merece feitos concretos e non propaganda baleira.
galicia, ferrolterra, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |