A visita do director de Augas de Galicia a Neda volve desenmascarar a faciana antidemocrática e a absoluta carencia de palabra do alcalde de Neda, que busca por tódolos medios dificultar a laboura de control da oposición.
Esixiuselle ao goberno de Alvariño en reiteradas ocasións que se avisase a todoslos representantes da oposición das visitas institucionais a nosa vila.
O alcalde Avariño respostou que si, que "por suposto" se nos ia cursar aviso.
Xa temos dous exemplos recentes das mentiras do alcalde, onde si estivo presente o representante do PP en ambas visitas, de membros do seu partido, por suposto. Outra vez o goberno de Neda pasa olímpicamente das súas obrigas e do respeto instutucional e manobra arteiramente para que aoposición no poida recabar información e participar en actos institucionais.
Dende Moveneda esiximos o respeto institucional debido á laboura que facemos os partidos da oposición.
Nos nos necsitamos sair en fotos propagandisticas, pero si pedimos que se nos dea a opción de estar presentes nas visitas institucionais para ter información de primeira man, e nos pasada polo filtro interesado do alcalde ou da corporacion do PSOE.
moveneda, xunta de galicia, concello de Neda, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |