No Pleno Ordinario de hoxe luns, o Goberno do Concello de Neda vai rematar a tramitación da modificación dunha ordenanza que dificultará ós veciños de Neda a instalación de sistemas de enerxía alternativos e ecolóxicos, como a térmica solar ou de xeración de electricidade.
Con este cambio de ordenanza, o Goberno do Concello de Neda se coloca nunha liña política absolutamente oposta á transición enerxética que promove tanto o seu propio partido como as administracións públicas, dende a Xunta ate a UE.
A nova Ordenanza reduce os dereitos ás bonificacións que tiñamos os veciños pola instalación de sistemas de enerxía solar, térmica ou eléctrica.
Os requisitos mínimos para acceder ás bonificacións son excesivos, multiplican os requisitos técnicos nas instalacións e van esixir que os veciños teñamos que facer maiores inversións iniciais. Angel Alvariño Saavedra fai que só os ricos poidan instalar eses sistemas e acceder as bonificacións.
Para o servizo de auga quente dunha vivenda unifamiliar de 300m construídos, a empresa instaladora recomenda un sistema cunha placa solar de 2 metros cadrados e deposito de 180 litros de auga. O presuposto os 4000€. Coa actual ordenanza, a instalación tería una bonificación do 50% do IBI (uns 200€ anuais).
Co cambio proposto polo goberno de #Alvariño, (placas de 4 metros cadrados por cada 100 cadrados construídos) esta vivenda deberá instalar seis veces máis superficie de placas solares, ate 12 metros cadrados, cun custe engadido de máis de 3000€. Aparte disto, o período de bonificación do #IBE redúcese a 5 anos, nos que poderá amortizar soamente 1000€ dunha inversión próxima os 8.000€.
As "xustificacións" do alcalde bótanlle a culpa desta modificación ós veciños, Segundo a súa opinión, algúns instalan estes sistemas o por "posible pillería" para optar as bonificacións e "logo os quitan".
Esta é unha argumentación ridícula e absurda porque ninguén no seu sano xuízo vai investir 4 ou 5.000 euros para lograr unha bonificación de 200€ anuais. Quen instala estes sistemas é para aforrar no consumo enerxético a longo prazo, por conciencia medioambiental e non por rascar cartos de IBI.
O propio Alvariño recoñece como "baixo" o impacto económico positivo desta reforma nas contas do concello. Inda así declara que é necesaria, dada a "situación económica actual". Esta "xustificación" choca coas súas reiteradas declaracións en múltiples medios de comunicación onde sempre fachenda da excelente situación do remanente de tesourería municipal que ascende a máis de un millón de euros.
Como acontece coa ameaza de instalación do Parque Eólico Caaveiro, o alcalde Alvariño ten unha dobre cara: se levanta polas mañas en contra do Parque Eólico e pola noite deitase completamente a favor das empresas enerxéticas e dos proxectos dos que Valentín González Formoso é o principal valedor e mesmo semella ser o seu representante comercial.
Os veciños que formamos MOVENEDA nos opoñemos a esta reforma da ordenanza e fomos o único grupo municipal que presentou alegacións contra a mesma.
Esiximos:
No Pleno ordinario de hoxe (Casa da Cultura, ás 12:00) Moveneda vaise opor a esta desfeita.
ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |