Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Alertas meteorolóxicas para os días 3 e 4

Visitas: 181

A AEMET e Meteogalicia emitiron sendos avisos de alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos que afectarán ó Concello de Neda ó longo dos días 03 e 04 de decembro de 2025.

En función destes avisos, as alertas serán do seguinte tipo:

· Mércores 03/12/2025:

Alerta laranxa por fenómenos costeiros con ventos do suroeste de ata 61 km/h (Forza 7) entre as 00:00 e as 24:00.

· Xoves 04/12/2025:

Alerta amarela por fenómenos costeiros por mar combinada de 4 a 5 m entre as 00:00 e as 08:00.

Alerta laranxa por fenómenos costeiros con ventos do oeste-noroeste de ata 74 km/h (Forza 8) entre as 08:00 e as 24:00.

Ante esta situación, lémbrase a necesidade de tomar as medidas preventivas necesarias para evitar os riscos que poidan producirse en entornos expostos ás inclemencias do tempo e instase a que se tomen as seguintes medidas preventivas no caso de ventos fortes:

  • Pechar portas, portóns e portalóns, así como asegurar ventás, toldos e carpas
  • Retirar aqueles obxectos que poidan caer
  • Ter precaución diante de edificios en construción ou en mal estado
  • Asegurar andamios, grúas e outros elementos de obra
  • Asegurar o mobiliario urbano, os colectores do lixo ou calquera outro obxecto susceptible de provocar un accidente
  • Manterse afastado de lugares que poidan verse afectados polas mareas e o oleaxe que se poidan xerar debido á intensidade dos ventos fortes
  • Evitar a utilización de embarcacións; revisar e reforzar as amarras

E por último, en relación cos fenómenos costeiros, haberá que tomar as medidas preventivas oportunas e analizar se é posible a navegación en función do tipo de embarcación e das súas capacidades, especialmente en augas fóra da ría de Ferrol.


Etiquetas:

ferrolterra


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.