Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Sabes que poderías aforrar entre 54 e 134€ na rodaxe do teu vehiculo?

Visitas: 469

Esta é a proposta que que defende Neiva Tristão, a concelleira de MOVENEDA: rebaixar ata un 75% o imposto de circulación (IVTM) para os vehículos máis ecolóxicos. Unha medida sinxela que xa funciona en centos de concellos. Con esta bonificación, que teña un vehículo ecoloxico en Neda podería aforrar ata 134 euros no IVTM, a "roxade". MOVENEDA quere que isto sexa unha realidade en Neda


SE MERCAS UN COCHE ELECTRICO OU HIBRIDO, DEBERIAS PAGAR MENOS RODAXE

En moitos concellos da nosa contorna e de toda España, quen aposta polos coches eléctricos ou híbridos paga menos “imposto de rodaxe”. En Neda aínda non... e podémolo cambiar.

MOVENEDA presentou unha moción para modificar a Ordenanza Fiscal do IVTM e introducir bonificacións de ata o 75% da cota para os vehículos menos contaminantes domiciliados no noso municipio.

QUE PROPOÑEMOS?

  • 75% de bonificación indefinida para vehículos con distintivo ambiental CERO (eléctricos puros e
    de pila de combustible).

  • 75% durante seis anos para os híbridos enchufables e vehículos de gas con distintivo ECO.

  • Unha campaña municipal de difusión para que ningún veciño quede sen saber que ten dereito a ela.

QUE GAÑAMOS A VECIÑANZA?

  • Aforro real e automático, ano tras ano.
  • Non é unha subvención a solicitar: é unha rebaixa mentres se cumpran os requisitos.
  • Beneficia a quen xa ten o coche ou a quen está a pensar en mercalo. Non fai falla estrear vehículo para notalo.
  • Súmase ás axudas existentes para a compra e para puntos de recarga, facendo que o cambio saia moito máis a conta.
  • Aire máis limpo e menos ruído nas nosas rúas, nun país onde o transporte supón preto do 25% das emisións de CO2.
  • Neda deixa de quedar atrás respecto dos concellos veciños, que levan tempo aplicando estas bonificacións.

CANTO SE PODE AFORRAR? DOUS EXEMPLOS

Convén desfacer primeiro un equívoco moi estendido: un coche eléctrico non paga pouco. Ó contrario. O imposto calcúlase por cabalos fiscais e eses coches quedan nos tramos altos da táboa, os mesmos que un coche grande de gasolina. Hoxe, quen merca eléctrico en Neda está a pagar un dos recibos máis caros do concello.

Con estes dous exemplos vese o alcance da medida:

  • Un eléctrico compacto, do tipo que usa a maioría das familias (arredor de 13 cabalos fiscais).
    Hoxe paga entre 72 e 144 euros ao ano.
    Coa bonificación do 75% pasaría a pagar entre 18 e 36euros: un aforro de entre 54 e 108 euros cada ano.
    Ao longo de dez anos co mesmo coche, entre 540 e 1.080 euros.

  • Un eléctrico familiar ou un SUV (arredor de 17 cabalos fiscais).
    Hoxe paga entre 90 e 179 euros ao ano.
    Coa bonificación quedaría entre 22 e 45 euros: un aforro de entre 67 e 134 euros cada ano
    Ata 1.340 euros nunha década.

Non é un pago único nin unha subvención a solicitar cada ano: é unha rebaixa que se mantén mentres se cumpran os requisitos.


XA O FAN CENTOS DE CONCELLOS

A proposta encaixa perfectamente na Lei Reguladora das Facendas Locais, que habilita ós concellos para establecer estas bonificacións. Non hai que inventar nada nin asumir riscos: é un camiño xa andado por centos de municipios de toda España, e vai na mesma dirección que as políticas enerxéticas e climáticas de España e da Unión Europea.


O VINDEIRO PASO, O PLENO DE SETEMBRO

A moción foi rexistrada en maio. Agardamos que, rematado o parón do verán, poida debaterse e aprobarse no vindeiro pleno e xa poida beneficiar retroactivamente a quen mercou un coche en 2026. Confiamos que saia adiante co apoio dos demais grupos do consistorio: é unha medida que beneficia directamente ó peto dos veciños e veciñas de Neda.


"Non é cousa de siglas. Queremos apoiar as familias de Neda que fan o esforzo de mercar un coche máis limpo, que poidan notalo no recibo. É xusto, sinxelo e funciona en moitos sitios: só falta dicir que si."
Neiva Tristão, concelleira de MOVENEDA

Desde MOVENEDA seguiremos traballando en dúas direccións: fiscalizando a acción de goberno e esixindo o que non fan, pero tamén poñendo enriba da mesa propostas concretas e útiles como esta. Animamos á veciñanza a informarse e a apoiala.


Nota sobre as cifras: os importes que damos son datos estimados porque a lei fixa unhas cotas mínimas e permite a cada concello multiplicalas ata por dous. Non podemos precisar máis: se queres saber o que pagas ti, terás que mirar o teu recibo e o campo P.2.1 da ficha técnica do coche.


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa, concello de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.