Dende MOVENEDA queremos felicitar e expresar o noso recoñecemento máis firme á cidadanía organizada e mobilizada de Galicia e do resto do Estado que, con determinación e compromiso, decidiu loitar contra o modelo de industrialización depredadora que a Xunta do PP promove para o noso país, e do que ALTRI era o peor exemplo.
UN ÉXITO DO POBO ORGANIZADO E MOBILIZADO
Grazas á organización do pobo, gracias á presión social, ás grandes mobilizacións nas rúas, grazas a ter clara a prioridade da defensa do territorio e do entorno, hoxe asistimos ao arquivo formal do proxecto de ALTRI, un intento de implantar unha macrofábrica de celulosa e fibras industriais en Palas de Rei (Lugo) que supoñía un grave risco para o medio ambiente, os recursos hídricos e a calidade de vida das comunidades afectadas.
En poucas palabras, o proxecto de ALTRI pretendía instalar en Galicia unha gran industria de produción de celulosa e fibras téxtiles (lyocell) de enorme escala, con uso intensivo de recursos naturais (auga, terra e enerxía), que xerou preocupacións xeneralizadas sobre impactos ambientais, sociais e territoriais e foi fortemente cuestionado pola sociedade civil e organizacións ecoloxistas desde a súa presentación
Hoxe é un gran día, hoxe anunciase o arquivo do expediente e a extinción da sociedade instrumental coa que se promovía o proxecto.
Unha iniciativa que non chegou a materializarse despois de que a empresa non puidese xustificar a conexión eléctrica necesaria e logo de que a Xunta, tras anos de insistencia en impulsar o plan.
ecoloxía e medio ambente, galicia, ALTRI, xunta de galicia
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |