Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Cómpre actuar penalmente contra os que veñen depredar e esquilmar-lo país

Visitas: 164

A organización Ecoloxistas en Acción denunciou penalmente a varios altos cargos da Xunta de Galicia por considerar “ilegal” a prórroga de 30 anos concedida á concesión da mina de wolframio San Juan, situada no concello ourensán de A Gudiña. 

Entre os denunciados están o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, o director xeral de Calidade Ambiental, e o administrador da empresa sueca Eurobattery Minerals.

Segundo a denuncia, dita prórroga vulnera dúas sentenzas firmes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do Tribunal Supremo, que establecen que calquera renovación debe someterse a unha nova avaliación de impacto ambiental. Ademais, como a mina se atopa apenas a dous quilómetros da fronteira con Portugal, o proxecto debería terse sometido a unha avaliación de impactos transfronteirizos. A organización alerta de “impactos severos” sobre o río Rabaçal, pola posible vertedura de augas con altas concentracións de metais pesados sen tratamento, nunha zona que afecta a un espazo protexido da Rede Natura (espazo portugués do parque natural Montesinho). 

O proxecto inicial -aprobado en 2015- prevía explotar unhas 50.000 toneladas en cinco canteiras a ceo aberto durante 10 anos, e enviar o mineral á mina de San Finx (en Lousame) para concentración. Pero non se chegou a executar, e a declaración de impacto ambiental caducou ao cabo de 4 anos. Agora, a empresa iniciou recentes movementos de terra, o que motivou a denuncia de Ecoloxistas en Acción. 

A denúncia expón cargos por presuntos delitos de prevaricación, desobediencia e contra o medio ambiente, tanto contra os responsables da Xunta como contra o administrador da filial en Ourense, Tungsten San Juan SL. 

Claves da nóticia

  • Ecoloxistas en Acción presenta denuncia penal.
  • Implicados: dous altos cargos da Xunta + administrador de Eurobattery Minerals. 
  • Obxecto: prórroga de 30 anos á mina San Juan (A Gudiña), considerada “ilegal”.
  • Vulneración: sentenzas firmes que obrigaban a nova avaliación ambiental; falta de análise de impactos transfronteirizos.
  • Risco ambiental: posibles vertidos contaminantes ao río Rabaçal, impacto sobre espazo protexido en Portugal.
  • Proxecto orixinal caducado: permitía 50.000 toneladas en 10 anos; declaración ambiental expirou. 

Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, galicia, xunta de galicia


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.