Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Actos vandálicos no parque infantil: puideron terse evitado

Visitas: 81

Os danos denunciados esta semana no parque infantil dos Subarreiros non son un feito illado, senón o último episodio de problemáticas que MOVENEDA ven advertindo e sobre as que ven facendo propostas desde hai anos sen que o goberno actúe nin faga nada. 

Hai uns meses, zonas de Neda sufriron unha vaga de pequenos roubos en vivendas particulares, entradas en galpóns e garaxes, con substracción de ferramenta e maquinaria. A este contexto sumáronse tamén problemas de convivencia veciñal relacionados cunha vivenda presuntamente ocupada.

MOVENEDA PROPUXO ACTIVAR A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE

Ante o acontecido, MOVENEDA propúxo que o alcalde Alvariño convocase a Xunta Local de Seguridade, órgano municipal onde se coordinan os corpos e forzas de seguridade (Policía Local, Garda Civil, Policía Nacional e Protección Civil) para avaliar e responder a este tipo de incidencias.

Anosa petición (ver eiquí) nunca obtivo resposta, e a Xunta Local de Seguridade nunca foi convocada.

UNHA PLANTILLA DE POLICIA LOCAL INSUFICIENTE

Aparte disto, é evidente que a plantilla da Policia Local de Neda é insuficiente. Hai dez anos había cinco efectivos. Hoxe hai só dous. Isto da un ratio de 0,4 policías por cada 1.000 veciños, moi lonxe das recomendacións da FEMP que sinalan un ratio de aproximadamente 1,5 policías por cada 1.000 habitantes. Neda debería ter polo menos 7 policias locais para cumplir as recomendacións da Federación Española de Municipios y Provincias.

MOVENEDA PROPUXO MANCOMUNAR A POLICIA LOCAL DOS MUNICIPIOS DO SUR DA RIA

Cómpre lembrar tamén que hai anos MOVENEDA propuxo mancomunar os servizos de policía local entre os concellos do sur da ría —Neda, Fene, Cabanas, Ares e Mugardos—, unha idea que espertou interese nalgúns rexedores pero que non chegou a concretarse por falta de vontade política e por diferenzas de signo político entre os alcaldes implicados.
Podedes ler o artigo eiquí e máis eiquí.

A RESPOSTA DO GOBERNO DE NEDA, LAIARSE NA PRENSA

Cos actos vandálicos en espazos públicos, o patrón repítese: o goberno local emite unha nota de prensa lamentando os feitos, facéndose a víctima, pero sen artellar ningunha medida real de fondo. A isto hai que engadir que, desde a chegada de Alvariño ao goberno, o cadro de persoal da Policía Local pasou de cinco a dous efectivos, unha redución que fai imposible garantir unha cobertura mínima de seguridade no municipio.

ANTE ESTA SITUACIÓN MOVENEDA RECLAMA

  • Convocatoria inmediata da Xunta Local de Seguridade, tal e como se solicitou por rexistro, para avaliar de forma conxunta cos corpos de seguridade a resposta aos actos vandálicos e delituosos no municipio.
  • Recuperación do cadro de persoal da Policía Local ata niveis que garantan unha cobertura efectiva as 24 horas.
  • Retomar a proposta de mancomunar os servizos de policía local cos concellos veciños do sur da ría, como fórmula realista para reforzar a seguridade sen disparar o gasto municipal.
  • Información periódica e transparente á veciñanza e á oposición sobre incidencias de seguridade e as medidas adoptadas para atallalas.

MOVENEDA insiste en que a seguridade non se soluciona chorando prensa, senón con traballo, xestión, coordinación institucional e vontade política.


Etiquetas:

moveneda, ferrolterra, comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.