Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Acto da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica no Ateneo Ferrolán

Visitas: 252

O vindeiro sábado día 13 de novembro de 2021 ás 11:30 h. no Ateneo Ferrolán tera lugar unha homenaxe ó guerrilleiro antifascista Benigno Fraga Pita. 

Benigno, máis coñecido como Alejandro, naceu nas Somozas en 1892 e emigrou a Cuba, onde se afiliou o Partido Comunista. Durante a ditadura de Gerardo Machado tivo que fuxir do país e volveu a España, onde traballou como mestre armeiro nos arsenais de Ferrol. Foi detido tras o golpe de estado contra a Republica e pasou algún tempo no cárcere. Depurado, foi expulsado do seu traballo no Arsenal e traballaou como mosaísta.

En 1946 era membro do Comité provincial coruñés do Partido Comunista de España, foi secretario de Organización en Ferrol, pero veuse forzado a fuxir ao monte ao ser descuberta pola policía a súa pertenza ao PCE logo da detención de Alejandro Gama Casalderrey.

Ao incorporarse á guerrilla foi enviado a Ourense en agosto de 1946, como delegado do PCE para crear a II Agrupación Guerrilleira de Galicia e reorganizar a loita contra o Réxime franquista, acompañado por Samuel Mayo Méndez (coñecido como Saúl dás Olas) e José María Saavedra Díaz (coñecido por Pepe).

Benigno permaneceu en Ourense desempeñando o cargo de comisario político da II Agrupación.

O 28 de abril de 1949 caeu en combate abatido polas balas da Garda Civil no Candedo (Chandrexa de Queixa). Foi soterrado no cemiterio de Celeiros.

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) fara entrega dos restos recuperados do noso camarada nun acto no Ateneo, para logo ser enterrados no cemiterio de Catabois as 13:00h.

#GuerrillaAntifranquista #Maquis #Ateneo #SomosCultura #Ferrol #Galicia #LoitaAntifascista #MemoriaHistórica


Etiquetas:

memoria histórica, moveneda, ferrolterra


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.