Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Actividade do grupo municipal MOVENEDA no ultimo semestre de 2015

Visitas: 198

Neste apartado describimos as actuacións mais destables del Grupo Municipal MOVENEDA no seu traballo no concello co propósito de que coñezades as nosas iniciativas e tamén de que propoñades novas.

  • MOCION para solicitar a Reducción de custos pagados a corporación do goberno, A coñecida con Base 56 trata das bases que regulan as remuneracións do alcalde e concelleiros. MOVENEDA propuxo baixala para que non supuxera tanta carga ó concello además de facela máis xusta.
  • MOCION para a Substitución das marquesiñas antes do periodo escolar. Sí, ledes ben, antes do periodo escolar. Esta foi unha das primeiras mocións presentadas por MOVENEDA e aínda que aceptada polo tripartito actual (PSOE-BNG-CG) aínda hoxe os rapaces e as rapazas de NEDA móllanse esperando o autobús para o instituto.
  • MOCION apoiando a ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) para evitar a pobreza enerxética.
  • Iniciativa promovida pola CIG en outros moitos concellos. En MOVENEDA creimos importante apoiala e, en vista de que o BNG non o facía incorporámola nós no pleno.
  • MOCIÓN para a supresión de barreiras arquitectónicas. O concello está cheo de atrancos na accesibilidade ao longo das ruas e edificios públicos do concello. Solicitamos que se eliminen.
  • MOCIÓN da erradicación da vespa velutina. A vespa velutina é unha especie invasora e cremos que é necesario un plan de erradicación da mesma no concello
  • EMENDAS a Reducción do IBI (Contribución). Na nosa opinión a reducción do IBI non estaba a ter en conta a situación das familias que nalguns casos pagan con dificultade este imposto e a baixada proposta non era suficiente. Solicitamos que aplicaran esas reduccións actualmente en estudo.
  • Apoiamos ós VECIÑOS na solicitude de varios puntos de luz. Nas nosas labores como movemento vecinal está a de trasmitir as necesidades dos veciños ó concello. Pedimos varios puntos de luz para diferentes puntos do concello a demanda dalguns veciños

Etiquetas:

moveneda, concello de Neda, plenos, asamblea aberta / asamblea permanente


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.